2. Camiñando da man

2. Camiñando da man

Última actualización de en Noelia

Despois das primeiras clases comecei a subir as primeiras entradas, centrándome en temas tratados nelas, como o blog perigo das redes sociais, no cal, como o seu nome indica, falo do perigo que supón publicar unha foto nunha rede social ou aceptar solicitudes de amizade de persoas que non coñecemos. Outro exemplo é deshumanización, entrada que trata da adicción ás novas tecnoloxías que existe na actualidade.

Un tema que me chamou realmente a atención foi o da competencia dixital, concepto do que oíra falar pero que non coñecía en profundidade antes de cursar esta materia, o que daba lugar a que non fose crítica e seguro cando utilizaba as TICs. Pero despois de achegarnos información sobre ela, fun vendo as distintas áreas polas que está formada: área de información, área de comunicación, área de creación de contido, área de seguridade e área de resolución de problemas. Isto fíxome pensar en que moita da información que adoitaba consultar era de páxinas non fiables e simplemente me dedicaba a reproducila utilizando palabras diferentes, pero sen molestarme en achegar o meu gran de area. Ademais, aínda que si que referenciaba os autores dos documentos, non me decataba de que unha imaxe tamén ten dereitos de autor e eu sen embargo utilizábaas indistintamente.

Así, ía da man do que as profesoras desta materia trataban nas clases, aprendendo da súa man, porque pensaba que si trataba temas diferentes corría o risco de caer.

man.jpg  

(https://www.flickr.com/photos/lavidaesunanovela/7249042850)