3. Andando soa

3. Andando soa

Última actualización de en Noelia

A medida que ían pasando os días, animeime a escribir sobre diferentes temas relacionados, dende o meu punto de vista, coa materia, como comunicarse con tecnoloxía, no cal conto o caso dunha persoa cunha enfermidade que utiliza un aparello tecnolóxico para poder falar e expresarse, ou aprender coa tecnoloxía, tratando a importancia da tecnoloxía para o ensino-aprendizaxe de persoas con diversidade funcional. Así mesmo, fóra do ámbito educativo, a tecnoloxía resulta de gran utilizade, como expoño en Cazadores de Trolls, onde sinalo as vantaxes que achegan as TICs á hora de dar con alguén, pero tamén os perigos que conleva unha mala utilización das mesmas.

Por outro lado, as clases que íamos tendo resultaban cada vez máis interesantes para min, sobre todo esa na que nos falaron do PLE ou Entorno Persoal de Aprendizaxe, xa que vin que as ferramentas que utilizaba para buscar, dar sentido e compartir información eran sempre as mesmas e as máis comúns, tal e como expoño na entrada coñecendo o meu entorno persoal de aprendizaxe. Por iso, decidín empezar a utilizar ferramentas que nos proporcionou a profesora, como Scoop.it.

Desta maneira funme soltando da man e comezando a andar soa, intentando facelo cada vez mellor para non caer e comezando a explorar novos terreos.

andandosola.jpg

(https://pixabay.com/es/r%C3%ADo-ni%C3%B1o-solo-stik-manera-camino-1611926/)