6. ¡A correr!

6. ¡A correr!

Última actualización de en Noelia

Unha vez que aprendes a andar e tes a confianza suficiente en ti mesmo, comezas a correr, dándote conta de que o esforzo que requiriu chegar a ese punto mereceu a pena. Por iso, aínda que resultara difícil adaptarme a esta metodoloxía de traballo, esta experiencia serviume para ver que podo dar máis de min e que con esforzo e constancia todo se consegue.

Cursar esta materia supuxo ampliar a miña visión sobre o uso da tecnoloxía no ámbito educativo, xa que anteriormente asociábaa a realizar actividades formativas con ordenadores. Agora teño unha visión máis ampla, sendo consciente do papel tan importante que xogan as TICs na educación das persoas e de que é necesario adquirir competencias dixitais para facer un bo uso delas.

Así mesmo, o feito de poder escribir sobre temas do noso interese, permitiume ver que na sociedade actual o uso das TICs é imprescindible en case todos os sectores, xa que as vantaxes que presentan son moitas, sendo consciente de que como futura pedagoga é necesario que me manteña informada sobre as novidades que se van introducindo no ámbito educativo. Tamén me fixo ver que debo ser máis crítica e procurar reflexionar máis sobre os temas que se nos propoñen tanto nesta materia coma nas demais.

Por último, gustaríame engadir que aprendín a ser máis autónoma, xa que estaba acostumada a que dirixiran o meu proceso de aprendizaxe. Sen embargo, neste caso puiden ser eu quen estivo o mando e, sorprendentemente, resultou máis doado do que pensaba, polo que intentarei ser máis autónoma en futuras ocasións. 

correr.jpg

(https://pixabay.com/es/ni%C3%B1os-ejecutar-correr-ni%C3%B1as-210658/)