2.3. A árbore fíxose grande.

2.3. A árbore fíxose grande.

Última actualización de en Nuria

Logo compararía a axuda e explicacións que nos deron as profesoras a esa auga que rega a árbore e que a fai medrar e chegar a ser grande. Coas súas explicacións e coa súa axuda fomos adquirindo novos conceptos, e tamén aprendendo os significados correctos de palabra que si que nos soaban, que son moi utilizadas no día a día, pero que realmente non sabemos moi ben o que é como: competencia dixital, empoderamento cognitivo…

Ademais desto vimos como de pequeno, no meu caso, era o meu PLE (http://stellae.usc.es/red/blog/view/162085/o-meu-ple, ensinaronnos o que era e como poder aumentalo. Como facer videos tamén foi algo novidoso da materia, os diferentes ángulos, as diferentes formas de darlle importancia a algo...

E tamén fomos realizando máis entradas, como por exemplo a de "Como educar no uso das tecnoloxías" (http://stellae.usc.es/red/blog/view/162919/como-educar-no-uso-das-novas-tecnoloxias. Donde falo da importancia que ten que dende pequenos nos ensinen a usar a tecnoloxia, para evitar futuros problemas. Esta é a entrada que posiblemente máis me guste, xa que o vexo un tema moi importante.