1.1 Medo ao descoñecido

1.1 Medo ao descoñecido

Última actualización de en Marina

1.      Medo ao descoñecido

Como cando eres pequeno e te soltan para que deas os teus primeiros pasos só, así me sentín eu cando se presentou ante min o universo da Tecnoloxía Educativa.

Non sabía con me ía atopar nese camiño, si conseguiría manter o equilibrio e avanzar con éxito, ou se pola contra, caería e fracasaría; o que si tiña claro era que non me faltaban ganas nin forzas para intentalo.

Unha pequena parte dese universo chegou ata nós como algo novidoso, algo que ninguén esperaba, e que de repente ahí estaba, espertando en cada un curiosidade, medo, motivación, confusión... un cúmulo de sentimentos que brotaban grazas á metodoloxía empregada polas que serían as nosas guías, entre os milleiros de estrelas coas que nos íamos atopar ao longo deste percorrido.

A dicir verdade, esta era unha das materias polas que menos interese mostraba, nunca lograra manter un vínculo afectivo coas novas tecnoloxías, e o primeiro que me viña á mente cando pensaba nela era en ordenadores, programas informáticos, teoría e máis teoría que nos dicía que era a tecnoloxía, que era a educación e como poder relacionar unha coa outra.

Estaba claro que dende a miña situación estaba moito máis cómoda e a gusto, sen ter que poñerme a camiñar, sen tropezar con ningunha pedra e sen caerme, pero... non sempre ía ser así, non estaba disposta a perderme as aventuras que me deparaba o camiño, chegar ao punto máis alto e descubrir que era o que alí había, poder mirar ao ceo sen nada que mo impedise e descubrir a infinidade do universo que se presentaba ante os meus ollos, e así foi como comecei a dar os meus primeiros pasos.

 

2.      Primeiros pasos

Dar os primeiros pasos sen esa man á que agarrarte resulta complicado, polo que debemos ir con coidado, paso a paso, sen precipitarnos pero, o universo ao que nos diriximos non entende de pausas, avanza a unha velocidade que coa miña experiencia aínda non podía alcanzar. Primeiro debía aprender a manterme firme, manter o equilibrio, para logo comezar esa carreira.

Desta idea falaba nun dos primeiros blogs, “Competencia dixital”, onde se podía ver como a tecnoloxía ía un paso por diante de min e de todos os que nese momento se atopaban ao meu lado, e para poder alcanzala, primeiro tiñamos que aprender a manexala, saber como era o camiño e despois comezar esa “competición”, de nada nos valía botar a correr sen saber manter o equilibrio.

Disposta a dar eses primeiros pasos, e adentrarme no comezo dun universo con grades cousas por descubrir, vía todo moi complicado, non conseguía nin visualizalo no horizonte, cousa que me frustraba e me desanimaba, pensaba que nunca o podería atrapar e poder chegar a ese punto máis alto. Avanzaba por un sendeiro no que ninguén miraba para o lado, a pesar de camiñar xuntos; así mostraba o meu “descontento” no blog “Somos solitarios permanentemente conectados” no cal facía fincapé en como a tecnoloxía nos estaban cambiando, o uso desmesurado que as persoas facían dela e como estas se estaban apoderando de nós. Impedindo de algún xeito que nos percatáramos do que nos rodea.

images (9).jpg

Como cando queres chegar ata algo e non tes a que agarrarte, caes e volver a poñerse de pé resulta todo un reto, así era a miña visión dese universo, vía só a parte negativa e así o mostraba nalgún dos comentarios realizados a outros compañeiros, como na entrada “existe el cyberbulling” ou no “Blue whale” pensaba que todos éramos víctimas dese gran universo.

Mirar ao chan para non tropezarse e un manto de nubes sobre a miña cabeza eran demasiados obstáculos para poder ver as maravillas que se atopaban alí arriba; pero as miñas ganas de descubrilas aínda non desapareceran, coa axuda de diversas ferramentas comecei a coller soltura no arte de camiñar, así o mostraba no meu blog “PLE”, facendo referencia a este termo, no cal indicaba que estaba formado por un conxunto de ferramentas, fontes de información, conexións e actividades que cada persoas emprega de forma asidua para aprender, convertendo así no seu entorno persoal de aprendizaxe. Eu, sen darme conta, fora formando o meu, aínda que para alcanzar a velocidade de marcha precisa non eran suficientes; gracias ás nosas guías descubrín algunhas novas como scoop.it, os canles RSS, Symbaloo, pocket, etc.

3. Comezando a marcha

Unha vez que adquirín soltura e seguridade dando eses primeiros pasos, inicieime na marcha sentindo que en algún momento o podería comezar a correr.

Así, facendo referencia á entrada “Os videoxogos como medio de aprendizaxe” pódese ver ver como o camiño se fai máis ameno gracias a eles, existen moitos tipos e permítennos aprender máis sobre o mundo real, xa que un coñecemento aplicado, levado á práctica, aínda que non sexa real, vai estar máis interiorizado que un coñecemento que só sabemos na teoría.

 

4. Botando a correr

descarga (2).jpg

Xa estaba preparada, sen pensalo púxenme a correr, todo pasaba máis rápido, descubria cousas que antes nunca vira, novos compañeiros de viaxe e novas posibilidades, así o mostraba nas respostas ás entradas “Sabiduría digital” e el “Viaje de Nico”.

Pero comecei a estar cansa, íame quedando atrás e a tecnoloxía cada vez situábase máis adiante, comezaron a vir as nubes e xa apenas se percibía outra cousa que non fora iso, así o deixaba ver na frase de Bauman “ La historia de la educación está plagada de períodos críticos en los cuales se hizo evidente que las premisas y estrategias probadas y aparentemente confiables habían perdido contacto con la realidad y exigían ajustes o una reforma”.

Non me podía render, eso non entraba dentro das miñas posibilidades, polo que decidín buscar o xeito de poñerme á par da tecnoloxía.

Aprendin a andar en bicicleta,é certo que algunha caída tiven, así se pode ver na resposta ao blog “ Educación sin tecnología”  na que mostraba que a tecnoloxía era precisa, como neste caso para min, esa bicicleta, pero debemos saber manexala, senón de nada nos servirá.

 

 

5. Descubrindo as súas podibilidades

Xa non sabía que facer, volver a aprender a manter o equilibrio a bordo da tecnoloxía, trataba de converternos en persoas capaces de realizar un proceso de elaboración e curación de contidos moito máis avanzado, para transmitir coñecementos afíns á materia e ensinarlle a outros compañeiros a saber manterse nela sen caer e magoarse, resultaba bastante complicado. Ata que descubrín que existían medios para protexernos nesas caídas, así o mostraba no blog “Decálogo para o bo uso do whatsap”  un medio deseñado por APEGA, para facer un uso correcto desta ferramenta, no que reflexaban estas boas prácticas:

 

1.  O whatsapp ha de satisfacer necesidades concretas de información que non poden ser transmitidas por outras redes sociais alternativas.

2.  O seu usuario debe diferenciar entre o que é público e o privado cando comparta imaxes ou comentarios comprometidos. No segundo caso, deberá limitar a información confidencial ás persoas de maior confianza.

3.  Evitar que por comodidade o whatsapp acabe converténdose no método de comunicación por excelencia con tódalas persoas do seu entorno.

4.  Os grupos de whatssap deberán restrinxirse á súa finalidade exclusiva; é dicir non terán cabida mensaxes ou vídeos que non cumpran co seu obxectivo concreto.

5.   Evitar repetir mensaxes e información que xa foron emitidos por outros membros e que non aportan nada novo á conversación.

6.  Dende o punto de vista dos pais, evitar que o whatsapp sexa unha axenda escolar particular, non deberá converterse nunha solución para todo, restrinxindo as responsabilidades e as consecuencias dos actos dos nosos fillos.

7.  Debemos seleccionar a información que se transmite e a quen se lle envía, especialmente cando é de índole privada, para evitar que se converta en viral.

8.  Evitar mirar o whatsapp cada pouco tempo. Este acto reflexo exercerá sobre nós síntomas de ansiedade e dependencia.

9.  Evitar que o whatsapp sexa un método de control sobre outras persoas, coñecendo se está concetada, se leu a mensaxe, se está respondendo, etc.

10.  Non olvidar que o whatsapp é só unha forma de comunicarnos. Non deixes que se convirta na túa forma de vida.

 

 

Ademais de min, moita máis xente se dirixe a descubrir este universo, ao principio non coñeces a ninguén, pero pouco a pouco vas entablando conversación, pero cabe dicir, que neste intre son as primeiras impresións que xeramos aos demais, facendo alusión a esto está o blog “Identidade dixital” esta é o rastro que cada un de nós deixa na rede, nese camiño, a través das accións que levamos a cabo, tanto de xeración de contidos ou de interacción con outros usuarios.

 

6. Divisando a cima

Comezaba a anoitecer, o ceo estaba despexado e ao lonxe percibíase esa cima tanto ansiada tempo atrás, pero, neste sendeiro son partícipes moitas persoas con características diferentes, e non todas elas están preparadas para chegar ao alto. Facendo referencia a isto está a miña entrada “Dende a sociedade 1.0 á sociedade 3.0” na cal conviven 3 formas de sociedade.

 

Na sociedade, existen tres paradigmas fundamentais, e polo tanto tres formas de sociedade, estes están relacionados coa globalización, a sociedade do coñecemento e a sociedade do futuro.

Así, Moravec (2008c) dinos que:

A sociedade 1.0:  fai referencia á sociedade de gran parte do s. XVIII e ata finais do s.XX, na cal a relación neno-adulto favorecía o aprendizaxe mutuo. Este paradigma fomentaba o “aprender facendo”, partindo do principio que ao ensinar ideas e destrezas aos máis xóvenes estes os transmitirían aos seu proxenitores, polo que se podería falar dun sistema educativo non formal. O desenvolvemento da sociedade industrial implicou un cambio na economía industrial baseada nas tecnoloxías de mecanización e no traballo en cadea. Isto cambia cando a sociedade comeza a ter consciencia dos perigos que implican para os nenos os traballos de risco e compréndese que estes deben ser amparados e retirados deste mundo, ofertándolles outro tipo de educación. Neste intre xurdiu a industrialización da educación, na cal estos xóvenes se convertirían en adultos “formados”, caracterizábase por ser un modelo altamente xerárquico e meritocrático, onde a información era moi limitada, isto que fixo que case se chegara a eliminar o recoñecemento do paradigma de “aprender facendo”.

A sociedade 2.0: o xurdimento desta sociedade asociase coa aparición da sociedade do coñecemento, que ten lugar no s. XX ata os nosos días. Os humanos, participan en interaccións sociais e comparten os seus coñecementos persoais en sistemas cada vez máis complexos. Isto deu lugar ao que hoxe en día se coñece como xestión do coñecemento. Os avances nas tecnoloxías da información e a comunicación facilitaron a ampla produción de significados socialmente construídos, moitos deles grazas á converxencia de internet e a globalización, o que xerou unha conciencia global sobre a presencia das redes sociais. Neste intre estánse aproveitando as TIC para compartir ideas e para xerar novas interpretacións, outro dos produtos creados con ferramentas é a “Web 2.0”, da que xa falastes moitos de vós, e que permite usar as novas redes sociais como plataformas de intercambio de ideas e instrumentos de comunicación, como por exemplo os blogs, wikis, etc.

Tratase dunha sociedade moi informada pero menos formada. No referente á educación, caracterízase por ter un sistema educativo formal, o dereito e a obrigatoriedade á educación, ademais das estruturas institucionais e os profesionais adecuados para elo. Con diferenza á anterior (1.0) a educación non reside na familia, senón que se basea nunha estrutura entendida para habilitar aos cidadáns para desenvolverse na sociedade. Pásase dunha educación xerárquica a unha multidireccional, é dicir,  non só é o profesor quen instrúe senón que tamén o fan os alumnos, aportando outros roles no proceso educativo e xerando entornos persoais de aprendizaxe.

As tecnoloxías sociais conlevan unha serie de condicións e limitacións que obrigan aos individuos a cambiar a súa forma de pensar e de actuar.

A sociedade 3.0: para a maioría de nós, a sociedade 3.0 é a sociedade do futuro, que fai referencia a un mundo que está á “volta da esquina” e que transcende ás vangardas actuais, impulsada por tres axentes principais:

  • Cambios sociais e tecnolóxico acelerado.
  • Globalización constante e redistribución horizontal do coñecemento e das relacións.

Sociedade da innovación impulsada polos knowmands, entendidos estes como aqueles traballadores nómadas do coñecemento e a innovación, un knowmand é alguén innovador, imaxinativo, creativo, capaz de traballar practicamente con calquera persoa, en calquer lugar e en calquer momento.

Este cambio está sucedendo a unha velocidade vertixinosa e o ritmo de cambio segue aumentando. A medida que a tecnoloxía evoluciona a sociedade tamén o fai.

Finalmente, todo o anteriormente descrito é porque actualmente, estamos nunha sociedade na que cohexisten unha educación 1.0 e unha sociedade 3.0. Como se pode ver, co paso do tempo a sociedade foi evolucionando pero a educación non o fixo ao mesmo ritmo, os patróns educativos que predominan na sociedade 1.0 seguen existindo na actualidade. Porén, a educación segue estancada nos roles establecidos; polo que parece unha tarefa moi complicada formar, dende a educación aos novos cidadáns desa sociedade 3.0, xa que os estudantes terían que poder aprender, traballar, xogar e compartir en calquera contexto,  pero son poucos os indicidos que nos permiten afirmar que a educación esta evolucionando cara este último paradigma.

 

 

Neste momento, tamén nos atopamos con medios que nos tenden unha man dende o alto, pero non todos logran agarrala, así o facía ver no blog “Proxecto e-dixgal”, cando nolo presentan parece unha iniciativa moi boa, pero unha vez que sabemos a realidade xa non o é tanto, pois non está ao alcance de todos.

 

7. Un universo de estrelas

E por fin, chegou o gran momento, ahí estaba, no alto, mirando o ceo e vendo a gran cantidade de estrelas que brillaban no infinito, un infinito cheo de grandes posibilidades, unhas xa descubertas e moitas outras por descubrir, e esa é a nosa labor, viaxar na tecnoloxía educativa entre os milleiros de estrelas que están por descubrir.

descarga.jpg

Poñendo fin ao stellae o blog “Aprendizaxe invisible”.

Como vimos ao longo de todo este tempo, nas diferentes sesións de clase e a través dos nosos blogs, o modelo de educación tradicional precisa que sexa pensado dende novas perspectivas e isto non implica poñerlle diante unha “e-” para facelo mellor, tampouco encher as aulas de aparellos electrónicos nin levar a cabo normas internacionais de calidade. A educación demanda moito máis, un cambio de calidade, un cambio de verdade.

Schmidt, xunto con outros autores, impulsa un modelo de educación que se rixe polos principios de:

  • Apertura.
  • Transparencia horizontal de coñecementos e inclusión.
  • Programas de formación gratuítos.

Así mesmo, afirma que todos sabemos algo e que o podemos compartir, ademais de que a mellor maneira de aprender algo é ensinando.

A educación debe responder ás necesidades, tanto da sociedade de hoxe como á do mañá, pois estamos a vivir nun mundo cambiante a cada paso que damos.

E é aquí, cando debemos falar do termo “aprendizaxe invisible”, termo do que antes nunca escoitara falar.

O aprendizaxe invisible, é unha proposta conceptual que xurde como o resultado de varios anos de investigación, e que busca integrar diversos enfoques en relación a un novo paradigma de aprendizaxe e desenvolvemento de capital humano, relevante no marco do s. XXI.

Neste enfoque ou perspectiva, téñense en conta o impacto dos avances tecnolóxicos e as transformacións da educación formal, non formal e informal. Busca explorar un panorama de opcións para a creación de futuros relevantes na educación actual, pretende propoñer unha metateoría que integre diferentes ideas e perspectivas. Entende o aprendizaxe como un continuum ao longo de toda a vida, que pode ocorrer en calquera momento e lugar.

Concíbese como unha búsqueda de mezclar formas de aprender, que integren a creatividade, a innovación, o traballo colaborativo e distribuído, laboratorios de experimentación, así como, novas formas de tradución do coñecemento. Non se suxire como resposta estándar para tódolos contextos de aprendizaxe, senón que o que busca é que estas ideas se poidan adoptar e adaptar a cada contexto.

Propón novas aplicacións das TIC para o aprendizaxe, dispoñendo dun amplo abanico de competencias, coñecementos e destrezas, para impulsar a formación de axentes do coñecemento ou para ampliar as dimensións do aprendizaxe tradicional. Enfocase en como aprendemos non no que aprendemos.

É unha alternativa para ver o aprendizaxe dende outra perspectiva, de pensar nunha educación diferente enfocándoa  a como aprendemos non no que aprendemos.

Dende o meu punto de vista considero que isto sería o ideal, romper con esa barreira que non nos permite ir máis ala das modalidades tradicionais de aprendizaxe, como dixen no anterior blog, a sociedade está cambiando a un ritmo vertixinoso e a educación non logra alcanzala.

 

 Neste proceso non hai un mirar atrás, senón un seguir adiante, esta materia foi para min un proceso de aprendizaxe que fun construíndo pouco a pouco, en compaña doutros compañeiros, o que fixo que todo fose máis doado.

Traballar a través do Stellae era algo novidoso para todos,  e a dicir verdade, estábamos moi confusos en como sería isto, si nos serviría de algo ou se simplemente se quedaría ahí, no pasado como outros aprendizaxes, pero como dixen ao principio deste párrafo, isto é un seguir adiante, pois non nos convertemos nuns expertos das novas tecnoloxías educativas, pero si comezamos ese proceso de formación e demos os nosos primeiros pasos, agora queda seguir avanzando, pois a tecnoloxía seguirao facendo e a nosa labor e facelo con ela.