4. Segundo Portafolios

4. Segundo Portafolios

Última actualización de en Nuria

E aquí voltamos a estar, para darlle remate a asignatura de Tecnoloxía da Educación, esta vez esperemos que si sexa a definitiva. 

Como xa sabedes esta foi unha materia na que traballamos tanto presencialmente como online, xa que tivemos clases expositivas e interactivas as que tiñamos que asistir e ademais tiñamos traballo autónomo que era o manter o día o blog. Foi unha asignatura con unha metodoloxía diferente, a cal comezamos acollendo con medo por todo o proceso que se ía levar a cabo. 

Seguindo coa metáfora que xa anteriormente usara no primeiro portafolios do árbore, o non superar a materia sería como se a árbore se secase, e logo diso pouco a pouco volverá a enverdecer. Pois no meu caso igual, e volvín a enverdecer grazas as indicacións da profesora, e máis das ganas de quitar a materia adiante. 

descarga (2).jpg 

Nesta segunda oportunidade, o que fixen foi buscar temas que me tivesen especial interes. Logo de buscar os temas que me interesaban indagaba sobre eles, buscaba información, e seleccionaba a que máis me interesaba. Logo diso intentei relacionalo coa clase, e cos conceptos que nela se viron, pero sobre todo tentei relacionalo comigo e coas miñas experencias.

Sobre todo coa clase relacionei tres das entradas que fixen, que forón Identidade Dixital, Sociedade do Coñecemento e  A Imaxe.

Na priemira delas puiden citar as cinco áreas que presenta a competencia dixital, facendo fincapé na área seguridade que é donde podemos atopar e relacionar directamente a identidade dixital, xa que a área de seguridade fai referencia a protección de datos, da identidade dixital e fai referencia tamén a un uso seguro e sostible. 

As outras catro áreas que quedarón son a de información que se trata de navegar, buscar e filtrar información; facer unha avaliación crítica e un análise de información, almaceamento e recuperación. A de creación de contidos na que se pode englobar as licencias e dereitos de autor, a propiedade intelectual, a creación de artefactos culturais... A de resolución de problemas na que se lle da un uso instrumental das tecnoloxías, e respostas tecnolóxicas avaliando criticamente as posibilidades das TIC  e a innovación. E por último quedaríanos a área da comunicación, que abarcaría a interacción mediante dispositivos dixitais, compartir información, web 2.0., netiqueta, cultura participativa...

Na segunda tratei xa un concpeto que foi tratado en clase, eu simplemente intentei definir de novo o concepto, e aportei certa información sobre a sociedade do coñecemento, para terminar o blog falando do coñecmento aberto ou pechado, cal sería mellor? Xa que esta tamén fora un tema que xa con anterioridade se falara na clase. Dende o meu punto de vista, eu optaria polo coñecemento aberto, penso que é moito máis beneficioso. 

E na terceira entrada mencinada anteriormente, A Imaxe, falei un pouco de catro piares fundamentais que ten a imaxe, para que así se poidese entender un pouco mellor a importancia que ten unha imaxe na educación, na clase. A imaxe pode captar a atención dos alumnos, motivalos, achegalos un pouco máis a realidade que con unha simple explicación.

Esta entrada tamén a relacionei bastante coa miña experiencia, xa que para min as imaxes son clave a hora de estudar ou de poder entender certos conceptos, creo que o fan máis doado, e tamén fan a clase menos aburrida. 

Outra entrada que fixen pensando na miña experiencia persoal, e xa non tanto na miña experiencia persoal, senon no meu entorno foi a entrada do blog Brecha Dixital. Esta entrada veume a cabeza grazas a miña nai, que é unha persoa que ten o seu total alcance a tecnoloxía e ainda así non a quere utilizar por medo a non facelo ben, xa que nunca ninguén lle enseñou, e tamén me fixo pensar en miña sobriña, que con so uns poucos anos de idade e capaz de manexar unha tablet e de enseñarlle a súa avoa como fai. Por iste motivo pensei en facer a entrada da brecha dixital, e tamén me veu a cabeza en como se podería reducir, e hoxe mentras estaba mirando os blogs dos meus compañeiros, atopei o proxecto dunha compañeira que falaba sobre actividades de maiores e pequenos xuntos, e ademais añadindo a tecnoloxía de por medio, e pareceume unha gran idea. 

As outras dúas entradas que fixen falan sobre a innovación e sobre a introducción das TIC nas aula, foron un pouco inspiradas no día a día que levamos na universidade, pensando no meu día a día saíronme eses temas, que o final foi de gran interese indagar sobre eles, ainda cando non tiña moita esperanza sobre eles. 

Para rematar este portafolios, acabar decindo que nesta materia se trataron moitos temas que escoitamos todos os días por ahí pero que realmente non sabíamos a ciencia certa o que significaban, e que mediante as explicacións que se derón na clase, ou mediante a nosa indagación para despois plasmalo no blog fomos coñecendo moitos máis conceptos. 

200_s.gif