Blog

Blog

Última actualización de en Silvia

Para analizar o proceso que levei a cabo no blog, empezo falando das primeiras entradas, donde aínda me atopaba moi desconcertada.

Esta experiencia comeza en Marzo, despois de unha tempada de prácticas. Dende o principio, entendín que éste blog non debería ser un resumo dos temas tratados na clase, senón unha reflexión, unha investigación sobre aquelo que a nós mais nos interesara. Deberíamos personalizar o noso propio proceso, non copiar textos de ningunha páxina, senón expresar as nosas propias ideas sobre aquelo que trataramos. Como exemplo de algunhos termos sobre os que escribín, podería poñer algunhas entradas, pero elixín estas :

 

Nativos dixitais.

Hoxe gustariame comentar e reflexionar sobre os nativos dixitais. Chamaselles así a aqueles nenos e nenas nacidos a partir dos anos 90. Este concepto débese a que con anterioridade, os libros e os xoguetes compoñían o ocio dos mais novos ; mentras que o ocio destes cativos o forman os videoxogos, a TV, e todos os aparatos electrónicos habidos e por coñecer que cada día van saíndo.

É bo que xa dende pequenos coñezan as novas tecnoloxías, e o uso responsable que deben facer das mesmas.

Precisamente é deste uso responsable o que se debe ensinar, as tecnoloxías non danan ó mundo nin ás persoas, senón o uso que se faga delas.

Cada vez mais, os rapaces/as buscan pasar o menor tempo posible nunha tarea determinada, e ter o maior número de frentes de información posibles, o que fai diminuír a súa productividade , descender a súa capacidade de concentración e ter períodos de atención moi cortos que fan que cambien de tema moi rápido.

Os nativos dixitais, estudantes de hoxe en dia e de mañán, non son suxeitos para os que os sistemas educativos e os seus procesos de aprendizaxe foran diseñados.  Os docentes saben menos de tecnoloxía que os estudantes, e en consecuencia, os nativos dixitais poden estar sendo formados en un modo que non é relevante para eles. É moito mais difícil mantelos atentos a unha clase tradicional de exposición dos contidos por parte do profesor, porque teñen a percepción de que eses contidos os poden atopar fácilmente en internet, intercambiar con outros, consultar mais fontes, ... é dicir; tenden a participar activamente na construcción do seu propio coñecemento.

Como creedes que serán as clases dentro de 10 anos? Deberán os profesores recibir unha formación especializada nas TICS para poder facer fronte á nova enseñanza? Se é certo, que coas novas tecnoloxías os alumnos baixan a súa productividade e nivel de concentración, vai a ter iso consecuencias cando éstes se incorporen ao mundo laboral tanto na súa formación como no seu traballo?

Espero obter varias respostas, e no próximo post e despois de reflexionar, ter eu as miñas propias.

Un saúdo!    


ou esta outra :

Brecha dixital

Deixovos o enlace de un vídeo que dá moito que pensar sobre o concepto de " brecha dixital " . A veces vemos certos conceptos como propios de outro tipo de países e sociedades, cando están mais cerca do que podemos pensar, ao noso redor.

España é un país desenvolvido, donde a maioría de nós temos acceso ás TICS de xeito inmediato, pero....todos contamos con ese dereito? Qué pasa cos inmigrantes? que pasa cos nosos maiores?

Espero as vosas impresións sobre él. A min pareceume bastante triste en xeral, porque a pesar de que ten un principio un tanto surrealista, é moi real e moi directo o seu contido.

Para poder crear os nosos propios coñecementos, tamén era moi importante que visionaramos os blogs do resto de compañeiros/as para aprender sobre aquelo que eles investigaron, así como interactuar con eles a través de comentarios en algunhas entradas, para coñecer as súas opinións sobre aquelo que nós expoñíamos. A continuación, reflexo unha entrada na que duas compañeiras me deixaron a súa opinión e reflexións sobre aquelo que eu publicara :

Recursos e medios

Hoxe na clase expositiva ( 16.04.2012 ), vimos a diferenciación entre o analóxico e o dixital, entre os medios e os recursos. Precisamente de éstes últimos é dos que imos a falar. Son dous conceptos que levamos utilizando dende o comezo de carreira, e sin embargo, hoxe atopeime ca dificultade de non saber decir en que se diferencian uns dos outros.

A diferencia principal entre ambos radica en que os medios foron diseñados para ser utilizados nos procesos educativos, mentras que os recursos foron diseñados con outros propósitos pero son adaptados polos docentes para ser utilizados nos procesos educativos.

Vexamos un exemplo : un libro de texto sería un medio didáctico, mentras que unha presentación co Microsoft PowerPoint sería un recurso educativo.

Deixovos o enlace co artigo completo donde se trata o tema, para que poidades leelo e ter unha visión mais xeral sobre a diferenciación de éstes conceptos, así como mais exemplos.

http://www.monografias.com/trabajos73/medios-recursos/medios-recursos.shtml

Comentarios

Núria Blanco hace 50 días

Completamente de acuerdo contigo Silvi! Los hemos utilizado muchas veces a lo largo de nuestra carrera pero nunca habiamos caído en diferenciar estos dos conceptos.... Yo creo q en resumen, un medio es aquel proceso que nos lleva a hacer un mejor uso de un recurso.

Laura Pereira Mallo hace 46 días

Eu tamén estou de acordo contigo silvia. Ao longo da nosa carreira, e como non da nosa vida, acostumamos a empregar conceptos dos que non estamos 100% seguros do seu significado. Con respecto a tecnoloxía educativa particularmente este ano estou aprendendo a diferenciar conceptos que antes me inducían a confusión. Como o caso que estás expoñendo, ou tamén "nativo dixital e inmigrante dixital". Paréceme moi interesante a túa entrada xa que coma ti eu tamén tiña esa confusión e agora xa me quedou aclarada.


Outro aspecto, é a utilización de diversas linguaxes para poder transmitir e comunicarlles aos demais aquelo que pensamos sobre algo. Nas primeiras actualizacións tan só empregaba os textos como medio de comunicación, deixando a un lado as imaxes e os vídeos, quizais porque non se nos pasa pola mente que poidan transmitir tanto ou mais. Ao darme conta de este erro, intentei sempre utilizar varios medios para expresarme. Exemplo de ésto son algunhas entradas :

Dokeos

.

O outro día comentamos que era o e-learning, para que servía, si tiña mais ventaxas que inconvintes, etc... Hoxe trataremos un tipo de esta modalidade de aprendizaxe : Dokeos.

Dokeos é unha plataforma integral de teleformación que permite a calquera empresa xestionar cursos, profesores e alumnos, configurando e personalizando cada curso ás súas necesidades. Esta plataforma permite aos profesores crear contidos de xeito on-line, e a ter informes e datos de seguimento dos seus alumnos, aportando así o feedback entre ambas partes.

As ventaxas que ofrece esta plataforma son numerosas, entre as que podemos destacar : disponibilidade de 24 horas e os 365 días do ano, accesible dende calquera lugar, sencillez, os seus contidos poden ser exportados e importados a outros entornos, e aproveita a formación a distancia para evitar os desplazamentos, etc...

A min paréceme unha plataforma moi boa para a aprendizaxe on-line. Ademais, na clase xa se comentou que é moi fácil de utilizar, incluso se comparou con Google, e se dixo que era moito sinxelo de utilizar.

E vos, probastes esta plataforma? Para min era totalmente desconocida, pero paréceme un recurso moi bo para levar unha aprendizaxe constante, e non ter que movernos das nosas casas.

Como se adoita dicir, ahora  o que non estuda é porque non quere, porque cada vez son mais os recursos que poñen á nosa disposición para facelo.

http://www.dokeos.com/es

https://www.aplicateca.es/ProductDescriptionFull.aspx?prodid=6bf48195-7e94-4435-ab19-8f2cc2ec1ed3


ou esta outra entrada

Realfabetización

Realfabetización

Na clase expositiva de hoxe, tivemos a sorte de disfrutar da visita de unha alumna que está facendo o seu proxecto de fin de grao sobre as TICs na escola. Na súa exposición tratou varios aspectos do proceso enseñanza-aprendizaxe dunha clase de 6º curso de Primaria cos que se levou a cabo esta experiencia.

A exposición foi de gran interese non só para min, senón a nivel xeral, pois notábase na atención que todo o mundo lle adicaba. De ela podríamos falar de varios aspectos, pero hai un concepto do que ata o de agora creo que non falara, e que está moi relacionado con éste ambito tecnolóxico que aquí tratamos.

Ese termo de interese sería a realfabetización. Este concepto vai mais alá de que unha persoa teña unha alfabetización correcta no ámbito da lecto-escritura. Os inmigrantes dixitais que non naceron rodeados de tecnoloxías como sucede na actualidade, necesitan ser reeducados para poder ter unhas nocións básicas de como utilizar as novas tecnoloxías para o seu benestar tanto persoal como profesional.

Debo confesar que con esta exposición, non só se nos aportou unha experiencia real dos alumnos inmersos no ámbito das TICs e mais concretamente no do blog ( como é o noso caso ), senón que no meu caso tamén foi un bo exemplo de experiencia para encamiñar o Proxecto Fin de Grao que todos deberemos presentar o próximo ano.

Para rematar xa, deixovos dúas referencias de donde quitei algunhas das ideas sobre a Realfabetización que arriba expliquei. Son unha páxina dunha Universidade e un artigo, moi interesantes ambas e non demasiado extensas.

http://www.pdg.uva.es/alfonso/web/Realfabetizacion%20del%20profesorado.pdf

http://redalyc.uaemex.mx/src/inicio/ArtPdfRed.jsp?iCve=27418813011


Tan importante como interactuar cos compañeiros para adquirir aprendizaxes, é aprender a aprender de eles. Eu intentei formarme con todo aquelo sobre o que algúns de eles publicaban e me parecía de interese, como foi no caso dunha compañeira sobre a Cidadanía dixital :

Cidadanía dixital.

No día de onte, a compañeira Laura Pereira publicou no seu blog unha pregunta sobre a qué pensábamos que facía referencia o concepto de " cidadanía dixital ". En aquel momento, o que eu pensaba sobre o termo era que faría referencia ao conxunto dos nativos dixitais. Non obstante, non debemos deixarnos levar por aquelo que pensamos sin saber con certeza se é certo ou non, decidín informarme sobre o termo.

ACidadanía Dixitalfai referencia ao conxunto de normas de comportamento relacionadas co uso que se fai da tecnoloxía.

Coñecíades este termo? A qué pensabades que se refería antes de coñecer a súa definición?

http://es.wikipedia.org/wiki/Ciudadan%C3%ADa_digital


Xa comentaba ao principio, e durante o meu proceso, a importancia de reflexionar sobre todo aquelo que facemos. E precisamente durante o meu proceso fixen este paso en 3 momentos para min claves. Ao principio de este proceso sobre as impresións que pensaba podía ter, durante o proceso ( tras a primeira revisión ) para ver en aquelo que podía mellorar, e aquelas cousas que debería ampliar,etc... ; e por último, ao fin do proceso, para concluír coa visión que teño sobre él :

Tecnoloxía Educativa

Tras un corto pero intenso mes de prácticas, afrontamos o novo inicio dun pequeno cuatrimestre, con unha nova materia.

Nun principio non sabía moi ben como iba a ser enfocada, o que ibamos a facer nela, e a aplicación que ésta podería ter na vida cotiá para a nosa experiencia. Considero que para poder resolver todas estas dúbidas, é cuestión de deixar que vaian pasando as clases, e que se vaian resolvendo por sí solas. Polo momento a actitude para afrontar a materia e as primeiras impresións sobre ela son bastante positivas.

Iremosnos poñendo ao día co paso das clases.

Un saúdo!

Reflexións...

Quizais despois de 2 meses construíndo este blog, e ahora que chegamos ao remate do curso, é hora de reflexionar sobre aquelo que estivemos facendo en él.

Debo decir que nun principio a idea do blog non me entusiasmaba demasiado, o medo ao desconocido e a non verme capaz de construír a miña propia aprendizaxe de esta maneira.

Nun principio a confunsión era máxima, pero pouco a pouco o medo foi deixando lugar á confianza e á perseverancia en levar a cabo un traballo que realmente fora productivo para min, e para aqueles que o foran ler.

Todos e cada un dos conceptos e aspectos tratados no blog, podo decir definicións personalizadas sobre os mesmos, a miña opinión, e mesmo algún autor-creador dos mesmos. A búsqueda de información e a súa análise é outra fonte de aprendizaxe, de algo que queda para nós sin necesidad de dedicarlle tempo para estudiala.

O blog ofrécenos moitas posibilidades para os procesos educativos. Estimulanos para intercambiar ideas, escribir, diseñar, traballar en equipo ou individualmente, visualizar de maneira instantánea aquelo no que imos traballando,etc..Ademais, permítenos enrriquecer o noso propio proceso de aprendizaxe coa posibilidade de mellorar os nosos contidos académicos incluíndo vídeos, artigos, sonidos, animacións, imaxes, etc...

Para min foi unha experiencia positiva e productiva. Vexo o blog como un recurso viable para aplicar nos procesos de ensinanza-aprendizaxe, pois ademais de resultar motivante para os alumnos, constrúen o seu propio proceso ao seu ritmo, e facendo as súas propias reflexións sobre o mesmo.

Como está sendo esta nova forma de aprendizaxe co blog para vós? Era a primeira vez que traballabades nunha materia con este recurso?

Reflexión final

.

Chegamos ao fin de esta etapa, é hora de reflexionar sobre aquelo que estivemos facendo, deste novo método de traballo que este ano comezamos a utilizar, etc...

Posto que crearei unha páxina para ir reflexionando sobre todos e cada un dos aspectos de este blog ( textos, imaxes, vídeos, archivos, tweets, etc...), agora só direi que para min foi éste un método de traballo innovador, dinámico, pero sobretodo moi productivo. Quedoume mais que claro que elaborando a nosa propia aprendizaxe investigando para o noso coñecemento, reflexionando, comentando, etc...

Xa non só adquirimos coñecementos co que nós facemos, senón vendo o que foron facendo e elaborando todos os compañeiros, pois eles construíndo a súa aprendizaxe contribuíron tamén á creación da miña.

Espero que para todos e todas fora igual de gratificante este proceso de aprendizaxe do que o foi para min, que o meu blog vos servira igual que me serviu a min, e se vos apetece comentarme as vosas impresións sobre esto tamén estarei encantada.


E sobre aqueles aspectos que destacaba do blog, só me queda mencionar aquelas búsquedas sobre temas da actualidade que forman parte da nosa vida cotiá, entre os que podo destacar algunhas como :

Tecnoloxía e ciencia loitando contra o Alzheimer.

Actualmente hai uns 16 millóns de persoas que sufren Alzheimer en todo o mundo. Ata que se poida encontrar unha cura a esta enfermidade, a Alzheimer's Association propón un servizo chamado Comfort Zone. Esta aplicación consta de un GPS basada na web que inclúe un servizo chamado Location-Based mapping Service ( LBS ), é decir, un programa de localización por mapas..

As persoas con esta enfermidade levan este dispositivo colocado na muñeca, e de este xeito os seus familiares saben en todo momento donde se encontran, ou mesmo no caso de que se perdan, teñen un botón que con tan só premelo, son localizados ao momento.

Este dispositivo tamén conta con unha aplicación chamada MedicAlert , unha axuda para emerxencias que está dispoñible as 24 horas do día, e que persoas con esta enfermidade ou outras, poden recibir atención con tan só premer un botón en calquera urxencia.

No próximo mes de Xullo, levarase a cabo en Canadá unha Conferencia por parte de esta asociación, donde cada ano explican algún descubrimento novo.

Sempre mantiven unha postura a favor das tecnoloxías, pero en casos como éstes moito mais, posto que facilitan a vida de todas as persoas con diversas enfermidades, e dos seus familiares ao telos de algún xeito " controlados" por si sucedese calquera situación de emerxencia para eles.

E a vós, que vos parecen estas tecnoloxías? Coñecedes algunha outra que se estea empregando?

http://www.parkinsonbahiadecadiz.org/joomla/index.php?option=com_content&view=article&id=205:icomo-evitar-que-las-personas-con-alzheimer-se-pierdan-keruve-localizador-&catid=37:noticias&Itemid=68

http://www.opinno.com/es/tecnologia-y-ciencia-luchando-contra-el-alzheimer/

ou esta outra

España suspende en las Tecnologías de la Información.

.

En un xornal on-line que xa agregara fai tempo aos meus favoritos polo gran cantidade de información que ten sobre as noticias que suceden na actualidade no ámbito das TICs.

Fai dous días, saíu publicada a noticia de que España suspende no ámbito das Tecnoloxías da Información. A continuación deixovos un fragmento-resumen de esta noticia donde se representa o mais relevante de ésta :

" España ha suspendido en el ranking del Foro Económico Mundial sobre las Tecnologías de la Información de 134 países. Con una puntuación de 4,5, nuestro país se sitúa en el puesto 34 de la lista, por debajo de países como Eslovenia, la República Checa, Chipre, Portugal o Qatar. Dinamarca y Suecia repiten en la cabeza. Además, el informe destaca la importancia de las TIC como catalizador del crecimiento en la crisis global."

Despois de ver esta clasificación, e de ver a nota media que acada o noso país, deberíamos plantearnos qué facer para poder mellorar en este ámbito non só por avanzar posicións en esta clasificación, senon por mellorar a competencia dixital de todos nós.

Que vos parece a posición na que se atopa España? Pensabades que España estaría tan mal situada no ranking Mundial sobre as TICs?

http://www.hoytecnologia.com/noticias/Espana-suspende-tecnologias-informacion/103253


En todas éstes ámbitos, destaquei aquelo que para min foi o mais relevante, e que resume perfectamente a traxectoria e a estructura de éste blog. Ao principio moito mais a nivel xeral, sen comunicar de diversas formas, e ao final moito mais dinámico, amplo, centrándose en aspectos concretos, con imaxes, vídeos, etc...

Se tivera que resaltar un dos contidos que tratei no blog como simbólico do portafolios, sería o do e-learning. Creo que define dalgún xeito similar o proceso de ensino-aprendizaxe que nós levamos a cabo ( pero nós si asistiamos a clase, e si tivemos un trato directo coa nosa mestra).

Todo o mostrado en este portafolios fai referencia tanto ás clases expositivas como ás interactivas. Éstas resultaban moi interesantes para nós pois ao contrario do que estabamos acostumados, non se basaban na exposición de contidos, senón na interacción entre nós e coa profesora, o que facía que se exemplificasen os contidos que ibamos tratando, e por tanto, todos os entendíamos ao velos reflexados nas nosas vidas.

A materia da Tecnoloxía Educativa fixo que cambiara totalmente a miña visión sobre a tecnoloxía. Pois a pesar de que últimamente só se falaba de ela como un medio que aportaba inconvintes na educación dos mais novos, tamén é o medio que fai moito mais fácil a educación de éstes, proporcionándolle ferramentas para ter unha maior comodidade á hora de traballar e aprender, así como empregar unhas dinámicas mais innovadoras que fan que aprender non sexa un deber, senon un placer. Un exemplo de ésto témolo coas pizarras dixitais, pois na clase interactiva que tivemos o honor de probalas, fomos conscientes da importancia de aprender divertíndonos, pois temos todos os sentidos atentos ao que estamos facendo, e o proceso termina con mellores resultados.