Archivos, tweets , grupos e favoritos.

Archivos, tweets , grupos e favoritos.

Última actualización de en Silvia

Este e-portafolios conta con outros aspectos a parte do blog, como son : archivos, os tweets, os grupos de traballo, e os favoritos.

En archivos, ahí decidín nun principio subir imaxes que complementaran o que escribía no blog ( en vez de subilas directamente a éste). Ao darme conta de que quizais era mais productivo complementar os textos que escribía con estas imaxes, comecei a subir a archivos aquelas curiosidades que investigando encontraba, así como artigos ou outros, que son un bo complemento do meu proceso.

En cada imaxe facía unha pequena reflexión sobre o porqué de subir ese archivo, o que significaba para min facelo. Algún exemplo é :

Hoxe comentei no blog unha entrada sobre os nativos dixitais e os inmigrantes dixitais.

Algúns dos compañeiros tamén o fixeron, e incluso se preguntaban o interese que poderían ter os inmigrantes dixitais para aprender coas novas TICS.

Creo que esta imaxe simboliza perfectamente a nosa sociedade. Os mais novos deben axudar aos mais maiores a adaptarse a un mundo tecnolóxico que non é nada fácil.

. Inmigrante dixital VS Nativo dixital

ou en este outro caso, o artigo completo sobre o que falara no blog :

 

Crisis de la tecnología o tecnología para la crisis?

 

Outro dos apartados, eran os tweets. Aquí eu expresei dende emocións ou sentimentos persoais, ata frases de grandes intelectuais, percepcións sobre a materia, etc... Quizais é de todos o aspecto mais persoal, pois cada un pon en unha frase aquelo que sinte, ou que lle gusta. Algún exemplo de cada tipo son :

Por Silvia hace 56 días

Aprendendo novos conceptos sobre a materia : " cidadanía dixital "

Por Silvia hace 51 días

"O único límite para a nosa comprensión de mañán serán as nosas dudas do presente." Franklin Delano Roosevelt

Por Silvia hace 3 horas

A vida é eso que se nos pasa aos estudiantes dende que facemos os exames ata que recibimos un USC.NOTAS ;)

 


En favoritos, o que fixen foi agregar todas aquelas páxinas que contiveran información relevante en relación coa materia, para o meu proceso. De feito, na maioría dos casos, a información obtivena en gran parte de elas. É moi importante para calquera persoa, que á hora de facer unha busca sobre algo, sepamos elixir as fontes axeitadas de donde extraer a información, pois de elas vai a depender a calidade do traballo que realicemos.

 

En último lugar, atópanse os grupos. Ahí fixemos os grupos de traballo en función da temática que cada un queríamos traballar. Subiamos cada membro a información que atopábamos, e deste xeito, despois reuníndonos demos consolidado e realizado o traballo de investigación que tiñamos que facer. No meu caso fixemos tanto os meus compañeiros como eu un traballo sobre a Competencia Dixital. Para elo, en primeiro lugar buscamos en moitas investigacións información e conceptos, cos que poder buscar a orixe de este termo, e así poder elaborar un marco teórico e formular uns obxetivos que guiaran o noso traballo. Feito eso, establecemos a metodoloxía. O enlace donde podedes ver o noso traballo é o seguinte : http://stellae.usc.es/red/file/view/16587/investigacin-sobre-as-competencias-dixitais .