1. Primeiro contacto

1. Primeiro contacto

Última actualización de en Marta García

Como a primeira vez que un buzo se sumerxe no mar, así me sentin eu ao comezo desta aventura no mundo da Tecnoloxía Educativa. 

Comezaba unha andadura nunha materia que me tiña desconcertada, quizás polo pouco coñecemento que tiña nese momento sobre as novas tecnoloxías vinculadas o mundo educativo. Pero maior foi o meu desconcerto cando a mestra nos dixo que nos avaliaría por unha rede social, como podía ser eso posible? Como deberíamos facer? Foi nese intre cando me entrou medo no corpo, como se non fora capaz de saír a frote, como si algo me estivera agarrando no fondo do mar.