1. INTRODUCIÓN

1. INTRODUCIÓN

Última actualización de en Noelia Suárez

Xa foi un longo camiño o que percorrín (e percorremos) na materia de Tecnoloxía Educativa, xa é moito camiño o que levo andado neste tema e a mochila, que ao principio estaba practicamente baleira, hoxe cada día que pasa pesa máis...

Recordo que ao principio estaba perdida, incluso pode que angustiada por ter que falar da tecnoloxía cando a min me costaba moito todo o referente a ela. Era a típica persoa que empregaba o móbil e o ordenador para realizar funcións moi básicas, a  pesar de haber feito xa algún curso de informática.

A medida que foi pasando o tempo, fun perdendo o medo, e incluso empezou a gustarme esta metodoloxía de traballo. Un blog?, quen mo ía a dicir a min fai tempo... Pero a verdade é que grazas á rede social Stellae adquirín moitos máis coñecementos que estudando para un simple exame. Non só aprendín moitísimo da tecnoloxía acudindo a clase e indagando por min mesma, o mellor de todo foi todos os conceptos que me ensinaron as miñas compañeiras e compañeiros, todos eses coñecementos aos que grazas a eles puiden ter acceso.

É importante o feito que que en ocasións no camiño topeime con obstáculos, pero grazas a axuda mutua e á profesora da materia puiden seguir coa miña andaina no longo camiño da tecnoloxía.

Por elo, considero moi importante o feito de recordar os conceptos que máis significaron para min, tendo en consideración todo o que fun aportando ao blog. Recordemos logo...