2. OS PRIMEIROS PASOS

2. OS PRIMEIROS PASOS

Última actualización de en Noelia Suárez

“Los pedagogos deben introducir la tecnología en su práctica”. Así comezaba a miña andaina no camiño da tecnoloxía, e agora podo dicir que realmente comprendo a frase.

A tecnoloxía non xera innovación por si soa, tampouco deshumaniza en si, e pode ser unha gran baza no proceso educativo; por iso o que deben facer os pedagogos é introducir a tecnoloxía na súa práctica e a través dela poden innovar. En pleno século XXI debemos estar adaptados para os nosos estudantes, polo que se empregan tecnoloxía no seu aprendizaxe, nos debemos facelo para ensinarlles. Non se trata con isto de non facer nada do que se facía antes, senón de fusionalo, de ir avanzando todos xuntos.

Por iso, a miña andaina neste camiño comezou así,  e tamén sei que rematará así no meu futuro laboral. Unha boa pedagoga (e un bo pedagogo) deben adaptarse aos tempos, deben estar actualizados, este blog permitiunos isto. Tamén nos permitiron adaptarnos ao noso futuro, outros moitos conceptos.

Prosigamos logo camiñando...