3. UNHA PEDRA NO CAMIÑO

3. UNHA PEDRA NO CAMIÑO

Última actualización de en Noelia Suárez
  • Que crías ser competente dixitalmente?- preguntoume unha voz interior no medio do camiño.
  • Antes si, - contesteille- pero agora penso que aínda me queda moito camiño por andar.

A competencia dixital, que gran termo e que tanto engloba..., en realidade engloba TODO. Creo que podo dicir que este termo foi o que me fixo andar todo o camiño, o que me fixo ser como son agora en materia dixital e tecnolóxica, pois a miña voz interior dicíame que hoxe en día debía ser competente dixitalmente (xa non só como profesional, senón tamén persoalmente).

A competencia dixital.... a miña primeira pedra no camiño, o meu primeiro golpe ben dado.... a que me fixo andar e andar ata conseguir todo o que ata agora obtiven, todos estes coñecementos. Non me levantei soa, por suposto, había moitas mans axudándome a non volver a caer, as manas das miñas compañeiras e compañeiros que me foron aportando coñecementos para poder formarme e que me deron ganas de seguir indagando.

Polo tanto, deime de conta que quería ser competente dixitalmente, e que me quedaba moito camiño por andar.