5. COÑECENDO A OUTROS VIAXEIROS

5. COÑECENDO A OUTROS VIAXEIROS

Última actualización de en Noelia Suárez
  • O coñecemento aberto, que é iso?- pregunteille a outros viaxeiros que me fun encontrando no camiño.
  • O acceso libre a información- foron contestando un a un.

Que gran idea, iso do coñecemento aberto, sempre que recoñezas a autoría claro está. É un dos conceptos que considero que mellor deben definir a materia de Tecnoloxía Educativa, porque grazas a este coñecemento aberto ao que todas e todos tíñamos acceso formos formándonos pouco a pouco e realizando un aprendizaxe colectivo.

É importante o coñecemento aberto, debemos dar a coñecer o que sabemos para que os demais non só poidan aproveitarse diso para o seu propio aprendizaxe, senón mellorar eses contidos e volver a transmitírnolos, creando así un feedback que permite a mellora do aprendizaxe e da adquisición de coñecementos entre diversas persoas.

Polo que mentres camiñaba funme preguntando, hai algunha forma de adquirir coñecementos de forma gratuíta e libre? Aí foi cando descubrín os Mooc, que gran invento, aínda que teñen o gran inconveniente de que hai que pagar para obter o certificado.