6. A CHOIVA NO CAMIÑO

6. A CHOIVA NO CAMIÑO

Última actualización de en Noelia Suárez

Críamos que todo o que recibíamos era verdade, que todo estaba nas nosas mans, que todo era perfecto... ata que nos choveu enriba.

A tecnoloxía ten moitas vantaxes e seino, pero tamén descubrín ao longo deste tempo que tamén ten desvantaxes que debemos ter en consideración.

As “Fake News”, por exemplo, só ao ser humano se lle ocorrería enviar a través da rede noticias falsas e esperar a que alguén as crea. Con isto non se potencia o coñecemento aberto nin o acceso á información universal, senón todo o contrario, póñense trabas a estes procesos tan importantes na era dixital e na sociedade da información.

Por se non chegara con toda a información falsa que nos chega, a cal debemos contrastar, de aí a importancia de ser competentes dixitalmente; a tecnoloxía tamén xera desigualdade. Este foi o obstáculo máis grande, o que me sentou como se chovera mentres eu ía por un camiño que non tiña onde abrigarme. Diñeiro, discriminación,... eses son algúns termos que xiran ao redor da tecnoloxía. Sabedes por que digo isto? Porque a megatexnoloxía xera megadesigualdades, onde o ingreso da riqueza é dispar. O máis salientable destas desigualdades son con certos colectivos, deixando un lado aqueles que non contan con capital económico para acceder a tecnoloxía, estoume a referir ao colectivo das persoas con discapacidade; pois moitas veces por falta de formación o información moitas persoas con discapacidade non teñen a posibilidade de aproveitar os beneficios que as tecnoloxías dixitais lles ofrecen.

Pero a choiva escampou e deime de conta de que cambiar isto tamén está nas nosas mans, por exemplo a través de políticas educativas e da sensibilización.