7. DIVISANDO O FINAL

7. DIVISANDO O FINAL

Última actualización de en Noelia Suárez

Cando xa se acercaba o final do camiño, ou o que eu cría o final, pois nunca se deixa de aprender; encontreime co concepto de formación en rede. Que será iso?, pregunteime. Así que grazas aos viaxeiros que me fora topando no camiño e as miñas propias indagacións, así como as aportacións brindadas pola profesora, finalmente descubrino.  

A formación en rede é unha modalidade de ensino-aprendizaxe a distancia a través da rede, a cal se emprega como medio tecnolóxico para a distribución da información, pero non só iso, senón tamén para comunicarse entre alumnos e profesores.

Que interesante, díxenme para min. Isto é como os Mooc que xa fora coñecendo, ou como o E-learning,...