3. Rematando a primeira parte da materia

3. Rematando a primeira parte da materia

Última actualización de en Lucía Rico

Previamente ao comezo da realización do Prácticum I, ao ter xa ás nosas costas unhas cantas sesións de Tecnoloxía Educativa, puidemos reflexionar de xeito crítico acerca de como pode vir dado un cambio real na educación, apoiándose nas novas tecnoloxías. Neste momento da miña formación podo analizar de novo, dun xeito máis crítico, esta cuestión tratada nesa primeira parte da materia.

A mellora da educación ten que ir da man dun cambio íntegro no Sistema Educativo. Non abonda, pois, con introducir novos soportes para os procesos de ensino-aprendizaxe. Nas aulas dos nosos días, á metodoloxía tradicional engadíronselle novos soportes como poden ser os proxectores, onde o alumnado ve a materia, a cal se lle explica da mesma maneira que sempre, cunha relación vertical co profesorado, tendo o mesmo tipo de probas e deixando de lado a aprendizaxe significativa. Este é o reflexo de que por moitos orzamentos que se invirtan nas escolas para a introducción dos últimos aparellos tecnolóxicos, ao non seren estres creados co fin primeiro de axudar no proceso educativo, non se estará a producir ningún tipo de mellora no mesmo.

Mais, sería realista plantexarse en primeiro lugar un cambio de todo o Sistema? Considero que non, poren poden irse producindo pequenos avances que consigo traian un aumento do cambio de mentalidade e, pouco a pouco, seguir camiñando cara a deconstrución do sistema que coñecemos.