1. Introdución

1. Introdución

Última actualización de en Sonia Tarrío

Chegando ao final doutro ano académico máis é preciso facer un intre e recapitular a modo de feedback sobre o propio proceso de aprendizaxe.

Neste espazo concreto, pretendo contarvos o camiño e proceso da miña aprendizaxe en Tecnoloxía Educativa a través deste cruceiro metafórico. Será unha experiencia onde intente reflexionar e profundizar en aqueles aspectos ou acontecementos máis significativos a nivel persoal.

Trátase dun cruceiro cunha travesía que durou catro meses. Catro meses intensos e cheos de momentos con diversos sentimentos e emocións...

Todos eses momentos identifícoos coas diversas fases e circunstancias ou situacións da travesía do cruceiro, polo que considero necesario empezar a contarvos esta viaxe polo día de embarcar nesta aventura. Empezamos...