2. Embarque no porto de saída.

2. Embarque no porto de saída.

Última actualización de en Sonia Tarrío

E chegou o día. Alí estaba diante dun novo mundo por descubrir. Sesenta pasaxeiros máis, interesados por este mundo tecnolóxico, acompañábanme nesta travesía.

Todos coñecíamos o itinerario, pero ningún sabía os horizontes que íbamos chegar a descubrir nin a influencia que nos iban a implicar esos novos descubrimentos.

Co check-in xa feito entrei á embarcación. Era enorme. Recordo a cantidade de posibilidades e oportunidades de exploración e desenvolvemento que se acercaron e me propuxeron. 

Resultado de imagen de embarcar crucero

Unha vez instalada e coa correspondente presentación e sesión de información sobre a programación feita por parte da tripulación, a embarcación puxo rumbo aos seus destinos establecidos.

Nestes primeiros días, dediquei a miña actividade a adaptarme ao novo espazo onde iba a pasar e ocupar o meu tempo. Púxenme en contacto cos demais pasaxeiros, cos cales decidimos establecer e compartir a nosa actividade social desta travesía na rede social Stellae. 

Foi unha primeira semana de vagabundeo principalmente. Grazas ao desenvolvemento desta rede social puiden observar e coñecer os intereses dos demais pasaxeiros, así como tamén obter unha perspectiva xeral sobre as expectativas deste cruceiro.

____________________________________________________________________________________________

Imaxe recuperada de: crucerox.com