4. Comezando a segunda parte da materia

4. Comezando a segunda parte da materia

Última actualización de en Lucía Rico

Os contidos que levaba xa interiorizados antes do comezo das miñas prácticas, servíronme para detectar determinadas carencias relativas á competencia dixital existentes na institución na que estiven.

A institución levaba a cabo unha serie de pedagoxías alternativas que me pareceron realmente positivas para as crianzas, mais esquecíanse do tratamento da competencia dixital. A pesar de dispoñer dunha serie de elementos tecnoloxícos como poden ser os ordenadores e máis o proxector, non se traballaba dita competencia no alumnado. Por isto, realicei unha infografía de cal sería o camiño axeitado para a adquisición da competencia dixital por parte das crianzas.

É unha realidade que vivimos rodeadas polas novas tecnoloxías, entón, como non imos preparar ás crianzas para dita realidade que se está a vivir? As rapazas deberían saber desenvolverse e estar preparadas para posibles problemas relacionados coas novas tecnoloxías. Por isto lle din tanta importancia á adquisición da comeptencia dixital na Semente.

Volvendo a vista atrás cara esa infografía, considero que a súa realización foi realmente positiva, non só porque puxen en práctica o pensamento crítico e os coñecementos adquiridos ata o momento (como pode ser o da competencia dixital e a cura de contidos), senón tamén porque o camiño que deseñei podería ser o axeitado para implantar nun futuro próximo nas escolas da Semente.