Sen presa pero sen pausa... cheguei a bon porto

Toda viaxe ao igual que ten cun comezo, tamén ten un final, polo que hoxe poño fin ao meu fascinante percorrido na asignatura de Tecnoloxía educativa.

O viaxar adoita ter un comezo un tanto perplexo, pois non sabes como vai transcorrer, o que vai acontecer, como vai rematar… De feito o meu empezou cunha gran indecisión. Teño que recoñecer que non son unha persoa que manexe moi ben certas tecnoloxías, polo que atoparme ante isto, ao cemezo de todo, non me fixo moita “graza”.

Pouco a pouco o viaxe foi transcorrendo, e os sucesos que estiven a vivir nel resultaron ser moi favorables a par que enriquecedores. Pouco a pouco fun tomando contacto cunha gran cantidade de coñecemento, a vez que levei a cabo unha gran asimilación de contidos, interacción coa tecnoloxía… ademáis de compartir e reflexionar con cada un dos meus compañeiros acerca da gran variedade de temas relacionados coa  mesma.

Pois ben, pouco a pouco o viaxe vai chegando ao seu fin, e como cada viaxe que remata, cando se chega a casa toca desfacer a maleta e reflexionar sobre todo o acontecido e vivido.

Pois ben, xa estou na miña casa, no meu dormitorio e cunha maleta aberta de par en par enriba da miña cama. Esta está chea de experiencias, coñecementos, reflexións, compartires, … os cales foron aportados por esta materia en min e viceversa.

Quero rematar ca seguinte reflexión. O feito de que uhan viaxe che guste, pode influir moito na túa intención de continuar a viaxar e abrirte a novos horizontes, e eu como persoa aventureira que son, e debido aos resultados de dito transcurso, tede por seguro que o meu viaxe na materia de Tecnoloxía educativa acaba de rematar, máis nesta experiencia so acaba de comezar.