3. Coñecendo novos destinos

3. Coñecendo novos destinos

Última actualización de en Sonia Tarrío

Dentro desta travesía, a pesar de contar con previa información sobre a súa traxectoria, comezamos a cuestionarnos verdadeiramente sobre o propio alcance ou destino. Foi por isto, polo que se comezou a levar a cabo unhas primeiras labores de documentación e indagación sobre o mesmo. Xurdiu a necesidade de investigar sobre o propósito e características do percorrido de dito cruceiro. 

Durante a realización destas primeiras indagacións, dinme conta da presencia e influencia que implicaba a tecnoloxía ao meu redor. Toda a estructura e funcionamento da embarcación xiraba en torno á tecnoloxía...

Resultado de imagen de interior crucero

Pasaron os primeiros días a bordo do buque e, con eles, chegaron as primeiras visitas aos novos territorios. Novos descubrimentos e horizontes que colonizar supuxeron todo un reto a nivel persoal.

Destas primeiras aventuras emprendín novos camiños para coñecer e profundizar certos aspectos da programación de dito cruceiro. Recordo aquela primeira publicación que decidín compartir co resto de viaxeiros en Stellae sobre a importancia da competencia dixital na sociedade da información. Sentíame toda unha exploradora chea de motivación e ilusión por formarme e enriquecerme culturalmente.

Resultado de imagen de llegada a isla crucero

As viaxes e paradas continuaron. Cada semana tiña lugar un acontecemento novo. O desenvolvemento de todas estas visitas contribuíron a fortalecer coñecementos como a curación de contidos, mediante espazos como Scoop.it que facilitan a organización do meu PLE (Entorno Persoal de Aprendizaxe).

A viaxe estaba sendo fantástica. Todo iba sobre rodas, neste caso sobre hélices, ou eso parecía...

____________________________________________________________________________________________

Imaxes recuperadas de Google Imágenes.