4. A tormenta

4. A tormenta

Última actualización de en Sonia Tarrío

Resultado de imagen de crucero en tormenta

Estaba chegando o ecuador deste cautivador cruceiro pola tecnoloxía, pero algo non iba ben..

O camiño presentaba certas dificultades que impedían un transcurso da viaxe tranquila e constante, polo que foi preciso establecer un proceso de revisión e de análise sobre o percorrido ata o momento. A rúbrica foi a ferramenta empregada para iso.

A través da mencionada rúbrica puiden observar como non conseguía profundizar en detalle e obter un desenvolvemento equilibrado sobre este cruceiro. Necesitaba realizar unha mellor análise sobre os descubrimentos e acontecementos que iba coñecendo. 

Ademais, era consciente de que a miña actividade estaba gardada e permanecía primordialmente dentro das paredes do camarote, debía funcionar e actuar máis no espazo Stellae para desta forma, contribuír e enriquecer o proceso e a experiencia deste cruceiro  tanto a nivel persoal como grupal.

Esta tormenta que atravesamos implicou un cambio de perspectiva como de funcionamento sobre a miña andaina, así como tamén a forza e motivación  necesaria para mellorar e prosperar nos proximos territorios por descubrir e visitar.

______________________________________________________________________________________________

Imaxe recuperada de: El Pais