7. Consideracións finais

7. Consideracións finais

Última actualización de en Lucía Rico

Logo do meu paso por esta materia, na miña mochila levo sobretodo moita capacidade de crítica e autocrítica, aspectos que considero moi valiosos para o meu proceso de aprendizaxe. A miña evolución na Tecnoloxía Educativa creo que foi realmente positiva, xa que comecei o cuatrimestre sen ter nocións claras de ningún dos conceptos aos que fixemos referencia na materia, e agora podo dicir que a parte de interiorizalos, puiden reflexionar arredor deles e aplicalos á vida real.

Mais a aprendizaxe arredor da tecnoloxía educativa non remata aquí; debemos levar a cabo un proceso de formación contínua, polo que o camiño non fixo máis que comezar, e sempre quedarán preguntas ás que deberemos buscarlles respostas.

Moito ánimo, pois, en todo o camiño que nos queda por percorrer como pedagogas, defendendo sempre o poder da educación para transformar o mundo.