5. Despois da tormenta chega a calma.

5. Despois da tormenta chega a calma.

Última actualización de en Sonia Tarrío

O cruceiro continuou a súa traxectoria e novos contidos sobre horizontes descoñecidos continuaron aparecendo.

O cambio de perspectiva como de metodoloxía sobre a forma de levar a cabo esta experiencia implicou novos coñecementos. O desenvolvemento destos acontecementos posteriores foi gracias a unha labor de esforzo constante a nivel persoal, pero tamen gracias aos diversos puntos de vista aportados polos demais pasaxeiros sobre algún suceso de interese que tiña lugar no momento. As lecturas e opinións dos demais viaxeiros en Stellae facilitaban e contribuían a enriquecer e ampliar certos horizontes sobre un mesmo tema.

Dos restantes descubrimentos que se realizaron gustaríame destacar e facer referencia ao debate a modo de xuízo que se levou a cabo sobre o caso Alexandra Elbakyan, no que se dou conta da relevancia e importancia do acceso libre ao coñecemento aberto. Este suceso provocou unha reflexión sobre este aspecto e incentivou a miña labor sobre profundizar en aspectos tan frecuentes e comúns no noso día a día. A aprendizaxe conectada como o lugar e importancia que ocupa a tecnoloxía no ámbito social en xeral, e no educativo en particular, foron outros contidos que máis marcaron de forma significativa o meu percorrido nesta viaxe.

Con todo, durante o desenvolvemento de dito proxecto puden observar tamén, a necesidade dun pensamento crítico para analizar a realidade e evitar posibles manipulacións da información, xa que debemos ter en conta que non todo o que está na rede é válido e fiable. 

Non obstante, esta aventura a bordo do cruceiro pola tecnoloxía non chegou á súa fin...

Resultado de imagen de mar en calma

________________________________________________________________________________________

Imaxe recuperada de: WordPress