2. Floración

2. Floración

Última actualización de en Yolanda Rial

Figura 3. Flor de cerezo. Recuperado de: http://ikebanartefloraljapones.blogspot.com/search?updated-min=2015-01-01T00:00:00%2B01:00&updated-max=2016-01-01T00:00:00%2B01:00&max-results=4

 

Co nome podía chegarme a facer unha idea de que trataba esta materia que comezaba a florecer, pero outra cousa era saber de que maneira se ían a desenvolver as súas flores.

Cando se nos presentou a rede social Stellae, e establecín o primeiro contacto coa mesma, foi como descubrir un mundo novo, ía con medo investigando o seu funcionamento.

Por unha banda estaba motivada, xa que rompía unha pouco coa metodoloxía ríxida; sempre estamos a queixarnos e pedimos innovación, pero no momento que se nos presenta algo novidoso non sabemos como levar a materia. Así mesmo asustábame a idea de manter un blog, xa que nunca antes tivera un e non sabía se sería capaz de escribir algo de proveito nel.

Todo isto supuxo para min todo un gran reto, e foi nesta primeira parte onde comezaron a florecer as primeiras publicacións e os primeiros conceptos: TIC, Sociedade da información, nativos dixitais, inmigrantes dixitais, fenda dixital, competencia dixital, competencia dixital docente, infoxticación, curación de contidos, PLE, competencias dixitais do pedagogo, entre outros.

Antes de facer un parón na rede por pouco máis dun mes debido ao Prácticum I, autoavaliámonos cunha rúbrica. Na táboa mostrábanse unha serie de competencias, nas que nos establecíamos unha puntuación de 0 a 5 baseándonos na análise do proceso de aprendizaxe, a continuidade do seu desenvolvemento, as evidencias que se presentan e o significado construído con elas, o emprego social da rede e a variedade, diversidade dos elementos presentados e a coherencia coa proposta.

Estaríao a facer ben?