2.2. Reestruturación cognitiva

2.2. Reestruturación cognitiva

Última actualización de en Yolanda Rial

(…)El elefante del circo no escapa porque ha estado atado a una estaca parecida desde que era muy, muy pequeño.

Cerré los ojos e imaginé al indefenso elefante recién nacido sujeto a la estaca.

Estoy seguro de que, en aquel momento, el elefantito empujó, tiró y sudó tratando de soltarse, a pesar de sus esfuerzos, no lo consiguió, porque aquella estaca era realmente demasiado dura para él.

Imaginé que se dormía agotado y que al día siguiente lo volvía a intentar, y al otro día, y al otro...

Hasta que, un día, un día terrible para su historia futura, el animal aceptó su impotencia y se resignó a su destino” (…)

Na primeira sesión interactiva, visualizamos un vídeo  da historia “El elefante encadenado” de Jorge Bucay, co cal puiden reflexionar sobre a  relación que temos coa tecnoloxía, e sobre todo a relación que temos co noso teléfono móbil.

Segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS) a adicción é unha enfermidade física e psicoemocional que crea unha dependencia ou necesidade cara a unha substancia, actividade ou relación. Calquera inclinación desmedida cara a algunha actividade pode desembocar nunha adicción. A adicción é unha afección patolóxica que xera dependencia e resta liberdade ao ser humano.

As Tecnoloxías da Información e a Comunicación, (TIC); son o conxunto de tecnoloxías desenvolvidas para xestionar información e enviala dun lugar a outro. As de uso máis estendido e cotián: Internet e teléfonos móbiles. As TIC simplifican considerablemente os nosos quefaceres cotiáns. O atractivo da internet, é que se caracteriza pola resposta rápida, as recompensas inmediatas, etc. O uso é positivo, sempre que non se deixen de lado o resto das actividades propias como por exemplo saír cos amigos ou relacionarse coa familia. Outra cousa é cando o abuso da tecnoloxía provoca illamento, induce ansiedade, afecta á autoestima e faille perder ao suxeito a súa capacidade de control.

Defínese a adicción ás TIC como o seu uso compulsivo, repetitivo e prolongado con incapacidade para controlar ou interromper o seu consumo e con consecuencias sobre a saúde, a vida social, familiar, escolar ou laboral.

Por outra banda, no anterior post afirmaba que a tecnoloxía humaniza no feito de fomentar a socialización das persoas; esa oración fíxome reflexionar sobre outra  das actividades que realizamos nesta primeira  sesión interactiva, a cal consistía en escribir os nosos nomes e poñelos boca abaixo na mesa e ir collendo ao azar, unha vez realizado isto, o segundo paso era intentar describir ao compañeiro que nos tocara. Fíxome pensar no feito de levar convivindo tres anos na mesma aula, e cando se nos manda salientar algunha calidade dalgún compañeiro/a, o/a cal nos tocou por azar... Só sabemos o seu nome de milagre? Ou quizais sabemos máis do que pensa debido ao que publica nas redes socias? Só intercambiamos likes? Pero que é un like? Que é o que nos gusta desa persoa? Socialización só nos espazos virtuais.

Que semellanza hai entre ese elefante e a meirande parte das nosas vidas na actualidade? Quen nos suxeita? Realmente sufrimos de dependencia tecnolóxica? Vemos máis ca esa estaca que simula unha realidade enganosa e superficial?

No fondo todos somos un pouco como o elefante do circo: vamos polo mundo atados a centos de estacas que nos restan liberdade.

 

Referencias bibliográficas:

Bucay, J. (2008). El elefante encadenado.

Echeburúa, E., & De Corral, P. (2010). Adicción a las nuevas tecnologías ya las redes sociales en jóvenes: un nuevo reto. Adicciones, 22(2).