2.6. Loading

2.6. Loading

Última actualización de en Yolanda Rial

Nesta última sesión interactiva, antes de facer un parón por un pouco máis dun mes debido ao practicum, botámoslle unha ollada á Rúbrica de Avaliación para ver se tiñamos algunha dúbida, xa que mañá entragarase a primeira autoavaliación no referido á actividade de cada un de nós nesta rede social.

A outra metade da sesión empregouse para explicarnos en que consistirá o proxecto que realizaremos, a continuación constituímos grupos de dúas ou tres persoas e puxémonos de acordo para escoller un ámbito de traballo e unha institución. No noso caso, a miña compañeira Marta e máis eu, optamos polo ámbito social, e como probablemente ela realice as prácticas na Asociación Cultural Galega de Formación Permanente de Adultos (ATEGAL), optamos por enfocar un proxecto dirixido a integrar as TIC na terceira idade.

Queda moito traballo por diante!

Road to nowhere?