3. Formación do froito

3. Formación do froito

Última actualización de en Yolanda Rial

Figura 4. Fruto cerezo. Recuperado de: http://www.tecnicoagricola.es/etiqueta/cerezo/

 

Unha vez superada a etapa anterior, os pétalos foron caendo para dar paso á formación do froito, á consolidación e adquisición de novos conceptos.

Tras retomar as clases, debido ao Prácticum I, pensei que os avances en tanto que ás publicacións virían de forma máis rápida e sen tanto esforzo, e que me sería máis sinxelo manter unha maior constancia nas mesmas. Sen embargo, ás veces hai adversidades, como por exemplo unha tempestade que estraga os futuros froitos. A verdade é que me custou manter o meu perfil activo, pero pouco a pouco con esforzo, fun engadindo contidos que fomos traballando na aula  e os cales suscitaban o meu interese. Ademais, nesta etapa realicei máis entradas de temas que persoalmente tiraron a miña atención.

Desta volta algúns dos conceptos adquiridos foron: acceso aberto, copyright, copyleft, creative commons, fake news, MOOC, xMOOC, cMOOC, conectivismo, traballo entre pares, pedagoxía dos espazos, nodos de coñecemento, pedagoxía da imaxe, linguaxe audiovisual, storyboard, entre outros.