3.2. Non me copies que te vexo

3.2. Non me copies que te vexo

Última actualización de en Yolanda Rial

Acusada polas multinacionais editoriais Elsevier e SAGE, por roubo de propiedade intelectual, unha vez graduada, Alexandra Elbakyan, creou o portal Sci-Hub, con máis de 50.000 millóns de publicacións gratuítas.

Por unha banda, as editoriais alegaban o seu dereito a explotar a autoría destes artigos científicos, para unha mellor difusión da ciencia, por outra banda Alexandra alega que este coñecemento se realizou con diñeiro público nas institucións do Estado, polo tanto, a difusión debe ser pública.

Na aula simulamos este xuízo, onde a cada Clil se lle atribuíu un papel: Alexandra Elbakyan (Clil 1), editorial Elsevier (Clil 2) e a asociación Creative Commons (Clil 3). Aínda que  non puiden acudir á clase para preparar a defensa, si acudín ao xuízo, podendo exercer de xurado popular xunto con outra compañeira. O noso veredicto emitido foi a impunidade de Elbakyan, xa que o portal Sci-Hub avoga polo libre acceso ao coñecemento científico, ademais de facer fronte á mercantilización da ciencia; os elevados prezos das subscricións a determinadas revistas, pechan con chave o coñecemento e limítano a un pequeno círculo de xente. Só os mellores centros poden acceder a toda a información que precisan. A falta de acceso ao coñecemento é un problema en todos os países, non só nos máis pobres.

En realidade, o tribunal ditaminou a vitoria da xigante editorial contra Sci-Hub, obrigada a indemnizar con millóns de dólares a Elsevier. Pero Alexandra alega que os seus servidores están en Rusia e que en Estados Unidos non ten nada, de xeito que non hai de que incautala.

Este tema invítanos a reflexionar sobre tres termos: copyright, copyleft e Creative Commons.

O copyright, indica quen é o titular dos dereitos de explotación; todos os dereitos están reservados para o autor da obra.

Copyleft: o autor pode exercer de maneira máis libre os seus dereitos, coa filosofía de compartir e mellorar, pero sempre se recoñecerá a súa autoría.

Hai moitos tipos de licenzas que seguen o modelo de copyleft, a máis popular, Creative Commons. Cunha licenza Creative Commons mantéñense os dereitos de autor, pero permite a outras persoas copiar e distribuír a súa obra, sempre e cando se recoñeza a correspondente autoría e só baixo as condicións que se especifique na licenza. Existen catro condicións básicas:

  • Autoría: sempre debe recoñecerse.
  • Non comercial: a explotación da obra queda limitada a usos non comerciais.
  • Sen obras derivadas: non está permitido a transformación da obra orixinal para crear unha obra derivada.
  • Compartir igual: permite crear obras derivadas sempre que manteñan a mesma licenza ao ser divulgadas.

Combinando estas condicións, obtéñense unha serie de licenzas Creative Commons:

  • Recoñecemento (by): permítese calquera explotación da obra, incluíndo unha finalidade comercial, así como a creación de obras derivadas, a distribución das cales tamén está permitida sen ningunha restrición.
  • Recoñecemento – Non Comercial (by-nc): permítese a xeración de obras derivadas sempre que non se faga un uso comercial. Tampouco se pode empregar a obra orixinal con finalidades comerciais.
  • Recoñecemento – Non Comercial- Compartir Igual (by-nc-sa): non se permite un uso comercial da obra orixinal nin das posibles obras derivadas, a distribución das cales se debe facer cunha licenza igual á que se regula a obra orixinal.
  • Recoñecemento – Non Comercial – Sen Obra Derivada (by-nc-nd): non se permite o uso comercial da obra orixinal nin a xeración de obras derivadas.
  • Recoñecemento – Compartir Igual (by-sa): permítese o uso comercial da obra e das posibles obras derivadas, a distribución das cales se debe facer cunha licenza igual á que regula a obra orixinal.
  • Recoñecemento – Sen Obra Derivada (by-nd): permítese o uso comercial da obra pero non da xeración de obras derivadas.

Persoalmente, estou máis de acordo coas licenzas Creative Commons, xa que non rexeitan a propiedade intelectual, senón que se basean nela, ademais, calquera autor pode obter beneficios da súa obra, xa que mantén os seus dereitos, non os cede, só os autoriza. Así mesmo é posible crear recursos novos a partir doutros (se a licenza o permite). Ofrecer unha ferramenta autorizándoa cunhas determinadas condicións, en lugar de prohibir, aínda que pode darse o caso de que algúns investigadores teman que poida copiarse ou empregarse de xeito desapropiado algúns dos seus traballos. O acceso libre á información científica non está rifado cos dereitos de autor; xa que as licenzas Creative Commons axudan a controlar o uso que se fai da información.

Pero... Por que unha editorial se pode beneficiar dun traballo se contou con financiación pública? Os estudos científicos publicados que sexan subvencionados con diñeiro público deberían ser de acceso gratis; pero no momento no que unha investigación se financia por entidades privadas con fins económicos soe xurdir o conflito de intereses.

Igualmente apoiar o libre acceso á información científica, ceibe da maioría das barreiras impostas polas licenzas e os dereitos de autor, para promover o intercambio do coñecemento no plano mundial, a innovación e o desenvolvemento socioeconómico, alentando descubrimentos científicos. En beneficio dos autores, unha das principais vantaxes do acceso aberto está no impacto dos traballos, xa que deste xeito poderían alcanzar unha maior visibilidade.

No noso país, a Lei 14/2011, de 1 de xuño, da Ciencia, e Tecnoloxía e Innovación, recolle o acceso aberto como unha das súas prioridades no artigo 37 ao indicar que “todos los investigadores cuya actividad haya sido financiada mayoritariamente con los Presupuestos Generales del Estado están obligados a publicar en acceso abierto una versión electrónica de los contenidos aceptados para publicación en publicaciones de investigación”

 

Referencias bibliográficas:

España. Lei 14/2011 de 1 de junio, de la Ciencia, la Tecnología y la Innovación. Boletín Oficial del Estado, 2 de junio del 2011, núm. 131.

Esteve, T. (31 de enero de 2013). Acceso abierto: la ciencia libre y compartida. Nonada. Recuperado de: https://nonada.es/2013/01/acceso-abierto-ciencia-libre.html

Ferrer, S. (17 de junio de 2016). La joven que desafía a las editoriales con su Pirate Bay de artículos científicos. El confidencial. Recuperado de: https://www.elconfidencial.com/tecnologia/2016-06-17/scihub-alexandra-elbakyan-snowden-swartz_1218538/

Universo abierto (s.f.). Elsevier contra Sci-Hub: una sentencia obliga a Alexandra Elbakyan a indemnizar con 15 millones de dólares al gigante de la edición científica. Recuperado de: https://universoabierto.org/2017/07/05/elsevier-contra-sci-hub-una-sentencia-obliga-a-alexandra-elbakyan-a-indemnizar-con-15-millones-de-dolares-al-gigante-de-la-edicion-cientifica/comment-page-1/