3.4. Os MOOC como tecnoloxías disruptivas?

3.4. Os MOOC como tecnoloxías disruptivas?

Última actualización de en Yolanda Rial

MOOC polas súas siglas en inglés (Massive  Online  Open  Courses), xeraron importantes expectativas e revolucionaron prácticas pedagóxicas ao ofrecer recursos educativos abertos para a súa consulta, uso ou adaptación (Unesco, 2012). O acrónimo reflicte as compoñentes claves, é dicir, que son cursos en liña que aproveitan o potencial de aprendizaxe da comunidade distribuída de pares nunha gran escala, a través de prácticas abertas. Todos os MOOC presentan as seguintes características:

  • Masivo: o número de prazas é ilimitado, o alcance é global e están dirixidos a alumnos con intereses e aspiracións diferentes.
  • Aberto e gratuíto: os materiais que se empregan no curso están dispoñibles na internet de maneira totalmente gratuíta, previamente rexistrados. Na maioría das ocasións as certificacións non son gratuítas.
  • En liña: o curso é a distancia.
  • Autonomía: a súa estrutura preséntase concibida para promover a aprendizaxe autónoma dos alumnos/as, con numerosos recursos en forma de vídeos, ligazóns, documentos, etc. E espazos de debate e comunicación.

En canto á súa metodoloxía, estes baséanse no uso de vídeos, acompañado doutros documentos. O feedback que se ofrece soe proverse de foros, debates en blogs, entre outros, e a súa propia comunidade de usuarios que se rexistra no curso masivo. En canto ao traballo entre pares, caracteriza por unha parte a avaliación, e por outra parte tamén a forma de conectar unha comunidade de aprendizaxe na estrutura dese MOOC.

No inicio do movemento MOOc, definíronse dous tipos:

  • xMOOC: a súa preocupación está en que haxa un gran número de usuarios. Baséanse nun modelo de tipo condutista, traballo con contidos no que non importa o número de usuarios que se rexistran no curso.
  • cMOOC: baseados en plantexamentos conectivistas. As relacións entre usuarios, como avanzan no coñecemento e aprendizaxe grazas ás conexións que se establecen a través de nodos que se van multiplicando, á vez que se multiplica esa relación entre persoas.

Outras propostas que se están facendo da diversificación do concepto MOOC:

  • SPOC (Small Private Online Course): dirixidos a grupos de alumnos/as moi definidos.

Os Mooc representan un signo dos tempos; evidencian un exemplo de como as tecnoloxías poden alterar o status quo da educación, creando experiencias de aprendizaxe máis ricas e desafiando as institucións educativas tradicionais. Revolucionan as prácticas educativas rompendo coa rixidez curricular, pois cuestionan a capacidade da didáctica tradicional para dar resposta ás necesidades formativas en escenarios cambiantes e mudando a relación entre profesor-alumno. Así mesmo ábrense novas oportunidades de aprendizaxe para millóns de persoas, dando deste xeito lugar a unha apertura da educación, ofrecendo a todo o mundo a ensinanza dun amplo rango de prestixiosas universidades, a unha velocidade, alcance, escala e un prezo que probablemente ningún curso tradicional sexa capaz de facer, -incrementado deste modo a inclusión social-.

Pero… Os MOOC representan oportunidades reais para a aprendizaxe? Cal é o papel do instrutor, promove a interacción? Como se lle da feedback á xente e como se avalía?

 

Referencias bibliográficas:

Alemán de la Garza L. Y., Sancho-Vinuesa T y Gómez Zermeño, M. G. (2015) Los MOOC: ¿una transformación radical o una moda pasajera? Indicadores de calidad pedagógica para el diseño de un curso en línea masivo y abierto de actualización docente. Revista Universidad y sociedad del conocimiento (RUSC), 12,1, 104-119.

Conole, G. (2015). Los MOOCs como tecnologías disruptivas: estrategias para mejorar la experiencia de aprendizaje y la calidad de los MOOCs. Campus virtuales, 2(2), 16-28.

UNESCO (2012). Declaración de París de 2012 sobre los REA. Congreso Mundial sobre los Recursos Educativos Abiertos (REA). París, Francia: UNESCO.