3.6. O renacemento da nosa especie

3.6. O renacemento da nosa especie

Última actualización de en Yolanda Rial

Nesta publicación gustaríame destacar como a tecnoloxía busca e pode mellorar a vida das persoas; lonxe de admitir estas condicións que sofren e acostumarse a elas, búscase unha “solución”. A tecnoloxía é avanzada, pero o concepto é simple.

Por unha banda gustaríame falar do mundo Cíborg, este vocábulo leva implícito cibernética e organismo. Así o afirma Neil Harbisson (recoñecido polo goberno británico como a primeira persoa cíborg do mundo) o cal se considera unha unión entre as dúas cousas, xa que non cre que estea usando tecnoloxía, nin levando tecnoloxía, senón que el é tecnoloxía.

Neil naceu cunha estraña enfermidade conxénita chamada acromatopsia que limitaba a súa visión ao branco e negro. Decidiu crear unha antena para poder percibir as cores a través dun órgano novo. Esta recibe a frecuencia da cor, o eyeborg consiste nun sensor e unha antena, que envía sinais a un chip implantado no seu cranio; este chip converte as frecuencias de luz en vibracións para que sexa capaz de escoitar as cores. Conta con catro implantes, dous para a antena, un chip que vibra cada vez que ten unha cor diante del e a última hora tamén decidiu incorporar internet; para que outra xente doutros países lle puidesen enviar cores á cabeza. Dou permiso a cinco persoas do mundo para que cando elas queiran  (de 10 a 22h), poidan enviarlle cores; pode mesmo experimentar unha posta de sol, sen estar alí.

 

Por outra banda, "Feel The View". Ford creou unha fiestra intelixente para que as persoas invidentes poidan desfrutar da paisaxe; as vibracións da imaxe proxectadas na ventá do coche, permiten aos pasaxeiros sentir as vistas.

Feel The View toma fotografías que se converten en imaxes monocromas de alto contraste. A continuación, reprodúcense no cristal mediante LEDs especiais. Ao tocar a imaxe, diferentes tons de gris vibran, permitindo aos pasaxeiros tocar a escena e reconstruír na súa mente a paisaxe fronte a eles.

Ligazóns: