3.9. Que é un dato? Dato es ti

3.9. Que é un dato? Dato es ti

Última actualización de en Yolanda Rial

Coa nova lei de protección de datos, entrada en vigor este venres en toda Europa estreada con envíos masivos de mails, teremos que dar o consentimento para que as empresas poidan usar os nosos datos ademais de ter que dicir que datos están a empregar, como os están tratando, para que e quen é a persoa responsable dos mesmos.

Cales son os nosos dereitos?

Este regulamento recolle dereitos como ao esquecemento e o dereito á portabilidade. O primeiro establece que os cidadáns poidamos solicitar e lograr que os datos persoais sexan eliminados cando, entre outros casos estes xa non sexan necesarios para a finalidade coa que foron recollidos, cando se retire o consentimento ou cando estes se recollesen de forma ilícita.

Mentres que o dereito á portabilidade permite que, se os teus datos se están tratando de modo automatizado, se poidan recuperar nun formato para cedelos a outros responsable.

Que é un dato? Dato es ti

Calquera información relacionada cunha persoa física que se pode empregar para identificala directa ou indirectamente: un nome, unha foto, unha dirección de correo electrónico, publicacións en sitios web de redes socias, información médica ou un IP dunha computadora.

Para que unha empresa poida empregar estes datos, teremos que dar o noso consentimento. As empresas terán que mostras as súas condicións de forma intelixible e de fácil acceso, usando unha linguaxe clara e sinxela.

Ademais, as empresas deberán informar nun prazo de 72h de que sufriron un incidente de seguridade, non só deberán dar parte ás autoridades competentes, senón tamén a todos aqueles usuarios cuxos datos se puidesen ver comprometidos.

A Unión Europea defende que  GDPR é un paso “esencial para fortalecer os dereitos fundamentais dos cidadáns na era dixital e facilitar os negocios mediante a simplificación das normas para as empresas no mercado único dixital”.

Con todo,  Adigital cre que nace caduca. O problema reside en que, desde o momento en que inician as conversacións iniciáronse hai máis de 9 anos. “En todo este tempo pasaron moitas cousas. Apareceron novos modelos de negocio, novos usos dos datos, múltiples innovacións ao redor dos datos, variou a percepción do cidadán e dos riscos. É, por tanto, unha norma que nace xa, na súa aplicación, con certa obsolescencia”, asegura  Zimmermann.

Chegará a tempo esta nova lei?

Herranz, A. (27 de mayo de 2018). GDPR/RGPD: qué es y cómo va a cambiar internet la nueva lei de protección de datos. Xataka. Recuperado de: https://www.xataka.com/legislacion-y-derechos/gdpr-rgpd-que-es-y-como-va-a-cambiar-internet-la-nueva-ley-de-proteccion-de-datos