4.1. Proxecto (Des)conectad@s

4.1. Proxecto (Des)conectad@s

Última actualización de en Yolanda Rial

Gustaríame falarvos da realización do noso proxecto, que por certo, se queredes podédesvos pasar polo perfil da miña compañeira Marta Rey, para botarlle unha ollada (http://stellae.usc.es/red/file/view/169665/proxecto-desconectads).

Como algúns xa saberedes polo vídeo que colgamos en Vimeo, o tema elixido para o noso proxecto (Des)conectad@s foi a integración das novas tecnoloxías na terceira idade nun centro social de maiores dun concello rural do interior de Galicia, o cal ten unha poboación envellecida. Pareceunos que este ámbito contaba cun plan TIC moi pobre, e ofreceunos varias ideas para poder paliar algunhas das súas necesidades.

Para a realización deste proxecto, empregamos como modelo o relacional, xa que consideramos que era o máis axeitado. Este concibe a tecnoloxía como unha práctica social e cultural que implica novas formas de relacionarse. A unión da tecnoloxía e persoas, coñecementos, métodos, ferramentas e organización, existindo unha especie de feedback entre estes elementos.

Unha vez elaborado o proxecto, o seguinte paso era plasmalo nun vídeo: todo un reto! Había que encontrar a idea de como enfocalo, buscar a forma de ser algo orixinais e non aburrir... Como algo relativamente tan simple nos pode dar tanto traballo?