5. A colleita

5. A colleita

Última actualización de en Yolanda Rial

Figura 6. Cerezas. Recuperado de: https://www.istockphoto.com/es/foto/granos-de-caf%C3%A9-org%C3%A1nico-cerezas-rojas-en-las-manos-gm658461834-120114091

 

Esta materia doume alegrías pero tamén algunha que outra frustración, ben por non saber enfocar Stellae ou ben o proxecto.

Por unha banda o positivo que destaco é que grazas a investigar, ler, elaborar publicacións sobre os contidos da materia, isto axudoume a ser máis autónoma, reflexiva, crítica, organizada, constante e ver outros puntos de vista aprendendo todos de forma conxunta; cos e dos meus compañeiros. Producíndose así deste xeito, aprendizaxes significativas nun entorno diferente.

Por outra banda, o que máis dificultade me produciu foi manter a constancia das publicacións e comentarios. Pero isto tamén me axudou a revisar a materia, a organizarme e a pensar que contidos traballar nas miñas publicacións. Quizais este foi o meu punto débil, xa que nunca antes mostrara e recollera contidos dunha materia reflexionando ou ben dando a miña opinión nunha rede.

Revisando todas as miñas publicacións e ao ir engadíndoas nesta páxina, deime de conta que foron moitos os conceptos que aprendín (así os fun mencionando ao longo deste e-portafolios).

Destacar que é unha das poucas materias na que o docente se implica e intenta dinamizar as sesións sorprendéndonos con actividades diferentes, facendo deste xeito as clases máis amenas.

Remato cunha frase que creo que fai referencia ao traxecto que fun realizando ao longo da materia:

“máis vale calidade que cantidade”

Fun experimentando que traballar coa rede social Stellae produciu en min unha maior motivación, un maior compromiso, máis creatividade e mellores resultados. Quizais a miña mochila de contidos non avulte moito, ou pola contra sexa un bolso, pero o que si é certo é que foi incrementando considerablemente ao longo do cuadrimestre.