2.1.2. Logo do descanso...continuamos

2.1.2. Logo do descanso...continuamos

Última actualización de en Ángela Rodríguez

Unha vez transcorrido o período de Prácticum, o cal no meu caso pouco se podía relacionar coas tecnoloxías no ámbito educativo, comecei a ter en conta as anotacións da profesora na avaliación sobre a primeira etapa, e a incorporar non só máis materiais audiovisuais (vídeos, imaxes...), senón a reflexionar máis profundamente sobre o exposto en cada post, analizándoo dende unha perspectiva persoal e apoiándome nas propias experiencias.

Porén, persoalmente penso que a última das etapas, durante o mes de maio, resultou a máis frutífera para min no blog. Durante este último percorrido, tratei temáticas relacionadas con aspectos non vistos na aula pero que me parecían interesantes tanto para min como para o resto de compañeiras e compañeiros; así mesmo, establecín posturas sobre diferentes temas, fundamentei as miñas opinións con conceptos anteriormente abordados, interactuei dun xeito máis constante, sinalando o por que das miñas opinións, aceptando ou rebatendo as das miñas compañeiras. Ademais, establecín relacións con outras materias ou sobre aspectos que, persoalmente, me resultaban interesantes, sinalando tamén experiencias vividas en relación coa materia.