3.2. Un segundo chanzo: sociedade do coñecemento

Outro dos conceptos que sen dúbida marcou o meu comezo nesta materia foi o de “Sociedade do coñecemento” e a importancia dunha educación acorde a este momento histórico, no que a sociedade actual ten necesidades e demandas moi distintas ás de anos anteriores, pois esta sociedade caracterízase, especialmente, polo seu carácter cambiante e dinámico, na cal os avances tecnolóxicos constantes están á orde do día.