3.4. Un cuarto chanzo: e-Learning e Mooc

Por último, un cuarto contido que me parece sumamente relevante é o correspondente ao            e-Learning e aos Mooc. Non só polo crecente interese que me suscitaron os e-Learning xa antes do comezo da materia, senón porque, logo de coñecer máis en profundidade a características de ambas metodoloxías de aprendizaxe, creo realmente que son o futuro da educación e que conteñen un gran potencial baixo un correcto uso como metodoloxía didáctica.