6. Chegada a porto de destino

6. Chegada a porto de destino

Última actualización de en Sonia Tarrío

image

Terra á vista! O destino está preto...

Sen dúbida foi unha viaxe espectacular. Regreso cunha maleta e cunha experiencias cheas de aprendizaxe.

O feito que máis me significou nesta aventura foi a posibilidade de contemplar e acadar unha nova forma de visitar mundo, de coñecer os principais aspectos deste entorno marcado pola tecnoloxía onde eu son o suxeito e protagonista do meu proceso de aprendizaxe.

Este cruceiro pola tecnoloxía deixou grandes pegadas tanto a nivel persoal como profesional.

A nivel personal, implicou un cambio na miña forma de relacionarme e establecer interaccións cos demais viaxeiros/as. As publicacións que fun compartindo ao longo desta viaxe mudaron dende perspectivas máis teóricas ata contidos máis prácticos, usuais e interactivos.

Neste sentido, as competencias sociais tamén se enriqueceron e, con elas, favoreceuse o desenvolvemento e mellora doutras como a propia competencia dixital, moi presente na actividade en Stellae desta viaxe.

Por outra banda, a nivel profesional como futura pedagoga, compre sinalar a importancia que acadou este cruceiro no que se refire a constituír un pilar base, a partir do cal, poder continuar fortalecendo e implementando experiencias dende unha perspectiva tecnolóxica.

Qué horizontes me abre este cruceiro?

A pesar da pequena tormenta, recordei a filosofía  de volver a levantarse e volver a loitar. Esta motivación implicou unha forza de vontade para levar a cabo experiencias que recollín nesta viaxe e aplicalas a novos acontecementos que terán lugar proximamente, como pode ser a actividade práctica do Practicum II de Pedagoxía. Estou a falar da posibilidade de implementar o proxecto elaborado e proposto durante este percorrido "Comunicación Interxeracional coas TIC´s".

Será o principio de máis cruceiros?

Persoalmente penso que existen moitas probabilidades de que así sexa. Como ben mencionei durante as miñas publicacións desta aventura, a educación necesita motores de cambio para mellorar e cultivar a formación dos futuros cidadáns. Unha educación que estea á orde do día, adaptada ás novas necesidades e demandas sociais.

Qué mellor forma de aprender que aprender viaxando.. "Viajar es la mejor manera de perderse... y encontrarse... todo al mismo tiempo"- Brenna Smith

Ata a próxima viaxeir@s e espero vervos pronto nas próximas aventuras !  

____________________________________________________________________________________________

Imaxe recuperada de O tempo TVG