3. Continuando coa aprendizaxe

3. Continuando coa aprendizaxe

Última actualización de en Laura

Logo da parada para a realización do Practicum I, volvemos as clases e a rede social , persoalmente algo máis activa e con ganas de buscar, seleccionar, organizar e compartir contidos e temáticas relacionadas e interesantes para a materia, facendo uso da técnica de Curación de Contidos que aprendemos ao longo desta sinatura. Así mesmo, coñecemos a empregar aquelo que atopamos na rede de forma legal, é dicir, aprendemos a respectar e recoñecer de forma total a autoría e as licencias daqueles materiais que usamos tanto para este blog como para traballos ou proxectos mediante Creative Commons, así como novas alternativas ao coñecido Copyright, como o Copyleft; todo isto serviranos a nivel profesional e persoal tanto nun futuro como actualmente.