4. Reflexión final

4. Reflexión final

Última actualización de en Laura

Conforme chegaba o fins das clases decateime de dúas cousas: unha delas é todo o que cheguei a aprender e, que agora sei empregar, tanto novas aplicacións e tecnoloxías como a selección dunha boa información ou noticia. Tanto materias pasadas, como esta e a formación noutras futuras sinaturas axudarame a formarme como pedagoga e a ofrecer novas aprendizaxes as sociedades do século XXI.

Poren, o segundo aspecto a resaltar é a miña participación non activa nesta rede, xa que a falta de ideas no comezo do blog foise reducindo co paso do cuatrimestre pero aínda así non estaba disposta a subir información por subir, sen que a temática ou a noticia me transmitise algo e me ofrecese plasmar un bo razoamento. Ademais pese a non comentar e subir información día tras día, si que resalto que consultaba moito este blog, tanto para coller ideas como para coñecer as opinións das compañeiras en moitos dos temas tratados. Polo tanto, a miña participación foi máis tímida, discreta e lenta pero ao igual ca tartaruga da fábula “O coello e a tartaruga”, espero haber chegado a meta aínda que fose cun ritmo máis tranquilo...

Agora debemos adentrarnos en novos camiños cheos de novas experiencias..