2. Chegada

2. Chegada

Última actualización de en Uxía Adán

Coa chegada ao campamento, os profesionais que convivirán contigo durante un período, ensínanche as instalacións e tamén comentan as normas que hai que cumprir. Neste primeiro momento os campistas realizan unha toma de contacto na que coñecen aos monitores e a algunhas das persoas coas que convivirán. Pero aínda non existe un clima de convivencia nin de confianza entre eles, case non hai comunicación e os grupos soen estar cerrados, é dicir, relaciónanse coas persoas que xa coñecían con anterioridade.

2.jpg  
Algo moi similar aconteceu ao inicio da materia, pois nun primeiro momento a profesora explicounos en que ía consistir (realizar un portafolios, un proxecto) e cales ían a ser as normas para aprobar.

Despois disto, comezamos a adentrarnos en Stellae e tamén realizamos unha toma de contacto coa plataforma debido ao descoñecemento da mesma. A primeira semana case non publicábamos nada, pois non tíñamos a confianza e a soltura suficiente. A comunicación ou o debate entre os participantes era moi escaso e reducíase ao noso grupo de coñecidos, igual que no campamento, os comentarios case sempre se destinaban aos amigos e non opinábamos.