4. Desenvolvemento

4. Desenvolvemento

Última actualización de en Uxía Adán

Despois desta primeira etapa, os campistas xa se integran perfectamente no campamento e a comunicación é boa con todas as partes (compañeiros e monitores).

Nas actividades que se realizan refléxase, cada vez máis, a cooperación e a colaboración, engadido a isto, o sentimento de liberdade para expresar opinións distintas é cada vez maior. Todo isto produce un clima moi positivo para a convivencia do campamento.
 

4.jpg

Igual que no campamento, en Stellae, o momento posterior á avaliación deu lugar a un clima moito máis relaxado. 

Comezamos a soltarnos e a publicar con máis frecuencia, xa existía confianza para ofrecer opinións distintas aos compañeiros e ata colliamos ideas de entradas dos demais para realizar as nosas. A cooperación estaba cada vez máis presente e os temas eran máis interesantes. Os conceptos falados nas clases, comezaban a reflexarse nas entradas, igual que o análise do aprendizaxe.

Faciamos máis entradas, comentabamonos entre nós e ata collíamos ideas dos demais para publicar.