5. Despedida

5. Despedida

Última actualización de en Uxía Adán

O momento da despedida é un momento moi agridoce, pois temos gañas de chegar a casa e ver as nosas familias pero non queremos despedirnos das persoas coas que convivimos durante este tempo. Todo o vivido é moi forte e moi intenso e non queremos que remate de todo. As novas amizades que seguramente non volvas a ver, ou polo menos, non no mesmo contexto quedarán no noso recordo.

  5.jpg
Co remate do curso, poñemos fin ao noso portafolios, un portafolios no que podemos observar a evolución dende o comezo ata o final, e na que se reflexan as diferentes etapas.

Este momento, tamén é agridoce no caso da materia, pois estamos desexando acabar para tomarnos un descanso, pero é unha pena que xusto sexa cando comezabamos a coller un bo ritmo. Porén, a satisfacción de mellorar e de chegar ata o final é moi positiva e reconfortante.

Como reflexión gustaríame decir que estou satisfeita con toda a evolución que fixen dende o inicio ata o final, seguramente hai cousas que debería mellorar, pois o tempo non foi demasiado extenso. Con esta experiencia puidemos afondar e falar de moitos temas referentes a tecnoloxía e á educación propostos en moitos casos por nós mesmos. Esa liberdade penso que é a que máis satisfación produce, cando atopas un tema que interesa aos demais e se forma un debate sobre el.