1. INTRODUCCIÓN NUN NOVO MUNDO

1. INTRODUCCIÓN NUN NOVO MUNDO

Última actualización de en María Rodríguez Miguéns

1.jpg

Para abrir un novo camiño, debemos comezar adquirindo conceptos básicos, capaces de fundamentarnos e así poder dar os primeiros pasos.

A miña inserción na música comezou coa iniciación na linguaxe musical, é dicir, na formación de elementos clave e básicos para poder emprender o camiño musical.

Ao igual que no campo musical, na materia de Tecnoloxía Educativa ocorreu o mesmo, xa que primeiramente presentóusenos a materia, o programa da mesma e comezamos a introducir conceptos claves para a posterior posta en marcha do portafolios e das diversas actividades que se foron realizando.

Cabe dicir, que nun primeiro momento, cando me iniciaba na materia, envolvíanme moitos medos e inquietudes, xa que me estaba afrontando a un proceso descoñecido para min. Ademais considero que son unha persoa que non habitúa a estar activa nas redes sociais, polo que tiven que concienciarme e habituarme a ser constante no proceso.

Por outro lado, estaba insegura de cada paso que daba, preguntándome a min mesma se sería quen de introducirme dun xeito profundo na rede social. Os temores ían incrementándose cada vez que pensaba que todo o proceso de aprendizaxe da materia se avaliaría a través da rede, xa que os meus coñecementos sobre a tecnoloxía en xeral, e sobre tecnoloxía educativa eran prácticamente inexistentes.

Se me poño a reflexionar nas primeiras sesións, o recordo que me vén á mente é o documental sobre o “Elefante Encadeado”, o cal tamén me fai retornar ao meu comezo na música, cheo de medos e incertidumes. Este documental fíxome identificarme co animal, que debido a que estaba atado a unha estaca non podía explorar un novo mundo. No meu caso, acontece algo moi similar, ao non estar habituada a estar activa nas redes sociais o medo inicial invadíame por completo.


Imaxe recuperada de: https://www.google.es/search?biw=1536&bih=710&tbm=isch&sa=1&ei=8eAOW9GmHYXyUoKvhcAB&q=a+escala+musical&oq=a+escala+musical&gs_l=img.3..0i8i30k1l2.15833.15833.0.16036.1.1.0.0.0.0.129.129.0j1.1.0....0...1c.1.64.img..0.1.128....0.kljdC3ogiBo#imgrc=PbgDe7cWlIIcVM: