4. CAMIÑANDO XUNTOS

4. CAMIÑANDO XUNTOS

Última actualización de en María Rodríguez Miguéns

4.jpg

Coa miña incorporación na Banda de Música Municipal de Valga, chegou o contacto con outras persoas que compartían a mesma afección ca min, como é facer música.  Isto trouxo consigo o compromiso e a interacción directa con esas persoas coas que compartía os sons do meu instrumento, ao igual que eles o facían, creando así unha fermosa harmonía.

Ao igual que na música, na materia de Tecnoloxía Educativa chegou o desexado momento no que todos os compañeiros comezamos a comentar nas publicacións dos demais, aportando novas reflexións sobre a materia, ou simplemente agradecendo que nos achegaran información que descoñecíamos previamente. Así, fomentouse unha boa interrelación no grupo en xeral. Comecei a retroalimentar o camiño dos meus compañeirxs, así como eles comezaron a deixar pegada nas miñas publicacións.

Outro exemplo da boa comunicación da clase, foi impulsada mediante o xuízo ficticio sobre o coñecido caso de Alexandra Elbakyan, no que era acusada de roubo da propiedade intelectual polas editorais SAGE e Elseiver. Neste debate, o obxectivo consistía no posicionamento a favor ou en contra do coñecemento aberto, que debido aos argumentos defendidos polos dous grupos a favor, o Tribunal decidiu posicionarse a favor do mesmo (coñecemento aberto).


Imaxe de fonte propia.