5. AVANZANDO NO CAMIÑO

5. AVANZANDO NO CAMIÑO

Última actualización de en María Rodríguez Miguéns

 5.jpg

Avanzando na materia comecei a empregar de maneira consciente todos aqueles recursos que nos foi proporcionando a docente ao longo das sesións para a curación de contidos (ScoopIt, etc.)

Neste momento, sentíame capacitada para poder interrelacionar os diferentes contidos que se nos ían aportando cos sucesos tecnolóxicos que nos rodean na vida cotiá na actualidade. Por isto, comentei varias publicacións dos meus compañeirxs, aportando os meus coñecementos e interrelacionándoos entre si.

Grazas a diversas aportacións que se fixeron nada rede e á propia indagación acerca de temas que me suscitaban interese, comprendín que a tecnoloxía educativa está presente en moitos aspectos da miña vida, xa sexa na televisión, no dispositivo móbil, na radio, etc.

Tamén fun capaz de comprender as noticias dende outra perspectiva, despois de analizar e traballar as Fake News nunha das sesións. Como exemplo disto, na rede social, fixen referencia a unha noticia do meu concello que impregnou as redes durante varias semanas, facéndolle crer á xente que no concello estaban a acontecer sucesos perxudiciais para a política municipal. Dende un primeiro momento, comenteille á miña familia que se trataba dunha noticia falsa, xa que tras investigar en distintas fortes de investigación, cheguei á conclusión de que se trataba dunha Fake New.

Outro dos aspectos relevantes que se poden observar nas miñas publicacións, fai referencia a interrelación dos contidos analizados coa materias cursadas ao longo do grao. Deste xeito, non só faría fincapé na materia de Tecnoloxía Educativa, podendo ofrecer unha perspectiva máis globalizada dos contidos.

Neste momento sentíame totalmente segura do que estaba a facer, polo que, a pesar da gran cantidade de traballos a elaborar para as distintas materias, comecei a suscitar ideas para a elaboración do vídeo de presentación do proxecto que tivemos que realizar. Todas estas ideas debían estar ligadas co proxecto e á súa vez coa tecnoloxía educativa. A pesar de que nunca antes fixera un traballo similar, sentíame segura para comprender a linguaxe audiovisual e así poder montar o vídeo do que estamos a falar.

Do mesmo xeito que avancei na materia de Tecnoloxía, decidín abrir unha nova etapa no meu camiño, realizando as probas de inserción ao Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela.

CONSERVATORIOOOO.jpg


Imaxes recuperadas de: 

https://www.google.es/search?q=varios+instrumentos+musicales&tbm=isch&source=iu&ictx=1&fir=ZFx8WVkWW_Ib4M%253A%252CVQTnezFSq_Ip3M%252C_&usg=__Jl_iUtqmlQ37yO8HrKXZ855ePps%3D&sa=X&ved=0ahUKEwivg7OU_q3bAhXEcRQKHYcNCWkQ9QEILTAA#imgrc=ZFx8WVkWW_Ib4M:

https://www.google.es/search?q=conservatorio+de+santiago+de+compostela&source=lnms&tbm=isch&sa=X&ved=0ahUKEwi1_dql_q3bAhWCxRQKHbQpCZ4Q_AUICygC&biw=1536&bih=710#imgrc=VbvRBhjfyMZVpM: