6. FIN DUNHA ETAPA

6. FIN DUNHA ETAPA

Última actualización de en María Rodríguez Miguéns

6.jpg    

Despois de seis magníficos anos formándome no conservatorio, o 25 de maio do 2018 rematei os estudos no mesmo e gradueime como oboísta profesional. Foron seis anos cheos de medos nun comezo, de explorar novos mundos, de alegrías e sobre todo, moita ilusión.

Ao igual que no mundo da música, na materia de Tecnoloxía da Educación estase a pechar unha etapa máis curta que no caso anterior, pero unha etapa intensa e chea de emocións e novas sensacións.

Nesta etapa, todos os compañeiros camiñabamos xuntos, retroalimentando os contidos que iamos adquirindo. Tamén, debo dicir que a visión que amosaba nun primeiro momento acerca da materia se foi modificando ao longo do proceso, chegando a superar os obstáculos que se presentaron no camiño. Ao longo das sesións foise incrementando a miña identidade dixital, grazas á miña motivación e esforzo. Pero, cabe destacar que esta etapa non se pecha, senón que comeza a aflorar a partir de agora, despois de adquirir os coñecementos necesarios para seguir poñéndoos en práctica a partir de agora, como fixen ata o momento.

Co asentamento de contidos, as miñas entradas no blog tamén facían referencia a información recreada en forma de debate. É dicir, o meu obxectivo tamén era recoller información que suscitara interese nos meus compañeiros e así poder crear un debate construtivo. Un exemplo disto foi a elaboración do post “libro de papel vs. libro electrónico”, “ofertas de emprego” ou “des,dixital enterprise show”.

O asentamento e comprensión da linguaxe audiovisual, axudoume a seleccionar un tema visual que me permitira relacionar o transcurso da materia co mesmo. Decidín elixir o meu transcurso no campo musical, debido a que me suscitaba familiaridade para a posta en marcha do E-portafolios.

Tras o percorrido na materia, debo recoñecer que a través dos contidos proporcionados pola docente, os comentarios retroalimentadores dos meus compañeirxs e a indagación propia acerca da tecnoloxía educativa e de todos os aspectos que a rodean, deixei a un lado todos aqueles medos que nun principio me impregnaban a pesar de ser unha nativa dixital. Deste xeito, síntome satisfeita do meu traballo no proceso da materia, sendo constante dende un comezo para intentar solventar os problemas dun principio.

Se teño que escoller unha post publicado, quédome con “descubrindo a realidade”, na que plasmei todos os contidos achegados polas profesionais que nos viñeron impregnar de sabiduría e coñecemento o 22 de febreiro. Tratábase de tres pedagogas que traballan en ámbitos profesionais distintos pero que, a pesar diso, incorporan a tecnoloxía educativa nos seus procesos a seguir.

Xa para rematar con este seguimento e comparando a miña primeira entrada coa última, gustaríame sinalar unha serie de diferenzas entre ambas. Mentres que nas primeiras publicacións me remitía a buscar información que fundamentase os contidos explicados na clase, fun incorporado a opinión propia nas publicacións, ata chegar a retroalimentar, comparar e ser crítica en cada un dos meus posts.

Para concluír, quería decir que todo é posible se o desexamos, simplemente debemos traballar para lograr os nosos obxectivos. A materia aportoume coñecementos que descoñecía previamente e ensinoume a camiñar despacio pero con firmeza de cara o meu futuro profesional como educadora.

 

María Rodríguez Miguéns.jpg  


Imaxes de fonte propia.