Última parada

Última parada

Última actualización de en Alejandra Garcia Pazos

Xa na volta do noso período de prácticas, tanto as miñas compañeiras como eu mesma, comezamos a facer un uso máis constante e correcto da Rede Social, pasando de subir blogs meramente teóricos de contidos das clases a subilos falando sobre noticias, sobre temas de interese ou incluso sobre reflexións persoais de cada un, aportando en cada un delas a nosa visión da tecnoloxía nos diferentes ámbitos que traballamos. Ademáis, nesta última parada, a interacción coas miñas compañeiras de viaxe foi cada vez maior, xa que o interese polos blogs dos demáis fixo que tamén coñecera distintas posturas acerca dunha misma temática, o cal enriquece moito a perspectiva propia da Tecnoloxía Educativa. 

Valoro o meu percorrido nesta viaxe como enriquecedor e moi amplo, creo que mellorei moito con respecto ás primeiras entradas e comecei a amosar o meu punto de vista, tanto nas miñas entradas do blog como nas das miñas compañeiras, o cal é un aspecto fundamental para aprender cada día un pouco máis.

Agredezo moitísimo as miñas compañeiras por facer este camiño un pouco máis doado e espero que poidamos seguir traballando con ferramentas como esta ao longo de toda a nosa formación e incluso unha vez rematada.

Un saúdo e sorte a todas!