Introdución

Introdución

Última actualización de en Marta

Introdución

Unha vez chegados ao fin desta aventura na tecnoloxía educativa tras uns meses, toca facer unha recompilación de todo o meu proceso de aprendizaxe en dita materia.

Que mellor maneira de comparar a evolución do meu proceso de aprendizaxe, que con outro proceso de evolución. Tras pensar en diferentes opcións, decanteime por comparalo co proceso de deseñar un vestido, xa que o proceso de calquera ser vivo é o normal, e pretendía algo máis orixinal.

Esta páxina contará con catro puntos: un primeiro explicando o deseño do vestido, seguido da compra da tela e dos demais materiais para a súa confección. En terceiro lugar, abarcarei o período de execución do vestido, e para rematar a proba e a finalización do vestido.

Tras esta breve explicación, irei expoñendo o deseño do vestido con todas as aprendizaxes significativas que adquirín na materia.