O meu novo fogar

O meu novo fogar

Última actualización de en Xiana González

HHHHH.jpg

Do mesmo xeito que a construción dunha casa ten o seu fin, o que a sua vez significa un novo comezo, a miña formación no proceso educativo con respecto ao ámbito tecnolóxico só acaba de empezar.

Hoxe en día vivimos nunha sociedade tecnolóxica, polo que o noso futuro como futuras pedagogas esta relacionado con este ámbito. Doutra banda, quero destacar que son totalmente partidaria de que o coñecemento debe ser aberto, pero á vez que todas as miñas publicacións fosen públicas era algo que me asustaba e á vez preocupábame, sintome insegura por se o que publicaba non estaba ben e os demais non entendían o que quería expresar en cada post. Por iso as miñas entradas empezaron sendo só para os meus amigos, pero co paso do tempo empeceinas poñendo públicas, polo que considero que perdín ese medo. Que as publicacións fosen públicas axudoume a corroborar a miña información, aumentar os meus coñecementos a través do dos meus compañeiros e compañeiras, mediante os seus comentarios e as súas publicacións. É dicir foi un feedback de información e coñecemento.

Como conclusión dicir que o proceso de ensino-aprendizaxe levada a cabo nesta materia paréceme moi innovador á vez que orixinal e fíxome darme conta dos poucos coñecementos que sabía acerca da tecnoloxía educativa. Pola súa banda, ademais de adquirir os coñecementos pertinentes sobre os contidos traballados ao longo das clases expositivas e interactivas, aprendín a valorar máis as miñas achegas e as dos demais mediante a rede Stellae.